Llorenç Villalonga

Llorenç Villalonga i Pons, nado en Palma en 1897 e finado en 1980, foi un escritor mallorquín en lingua catalá.

Infotaula de personaLlorenç Villalonga

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1897 Editar o valor em Wikidata
Palma, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xaneiro de 1980 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Palma, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCan Llorenç Villalonga (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , psiquiatra , escritor , médico Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Bitraga: 1063

Traxectoria editar

Fillo dun militar que procedía da oligarquía local, viviu en diferentes cidades seguindo os destinos dos seus pais, residindo en 1903 na Coruña. Estudou medicina en Barcelona e Zaragoza, facendo a especialidade de psiquiatría en París, onde coñeceu as obras de Marcel Proust. De volta a Mallorca instalouse como psiquiatra e foi subdirector do psiquiátrico provincial ata 1967, colaborando con publicacións literarias da illa e sendo director da revista literaria Brisas entre 1934 e 1936.

Trala guerra civil trasladouse a vivir a Binissalem e dedicouse a escribir. Redactou a primeira versión de Bearn o La sala de les nines en 1945, presentada ao Premio Nadal de 1955. Ao ano seguinte editouse por primeira vez, na súa versión en castelán, e ata 1961 non se publicou a versión catalá.

Boa parte das súas obras céntranse, nun ton pesimista, no conflito entre o mundo antigo e o da posguerra.

Obras editar

Novela editar

  • Mort de dama, 1931
  • Bearn o La sala de les nines), 1956, a versión orixinal en catalán editouse en 1961
  • La novel·la de Palmira, 1952
  • La gran batuda, 1968
  • Desenllaç a Montlleó, , 1963
  • L'hereva de Donya Obdúlia, 1964 (a primeira versión apareceu como Mme Dillon en Brisas,1937)
  • Les fures, 1967
  • El misantrop, 1972

Teatro editar

A súa peza breve A Tuta e a Ramoneta foi representada en 1983 polo grupo Sarabela Teatro, traducida por Xosé Luís Grande Grande en 1984, nos Cadernos da Escola Dramática Galega.