Lixo[1] é calquera material, residuo ou conxunto de substancias ou de cousas, que é considerado inútil.

Contaminación no porto de Ribeira en 2005.
Contedor de lixo adaptado para persoas con minusvalía física.

Tipos de lixo editar

Pódese entender como lixo calquera refugallo: restos de envases, zurro ou aparellos usados e rexeitados.

Por composición editar

Lixo orgánico editar

O lixo orgánico é todo o lixo que fixo parte dun ser vivo. Inclúe restos de comida (follas, sementes, restos de carne e ósos etc), papel, madeira non tratada quimicamente, feces etc. Cando se acumula, o lixo orgánico tórnase moitas veces molesto e fedento, debido á rápida descomposición en xeral destes produtos. Moitas veces tamén poden ser fontes de axentes causantes de doenzas.

Lixo inorgánico editar

 
Refugallo resultante dunhas obras

O lixo inorgánico inclúe todo material que non posúe orixe biolóxica, ou que se produciu por medios artificiais, como plásticos, produtos de metal, vidro, deterxentes etc.

A maioría do lixo inorgánico posúe un gran problema: tarda moito tempo en se biodegradar (descompoñerse) cando se deixa simplemente no ambiente. En certas condicións pode descompoñerse. O plástico, por exemplo, fórmano inmensas moléculas que conteñen millares de átomos, o que fai difícil a súa dixestión por axentes descompoñentes (principalmente bacterias)[Cómpre referencia]. Para solucionar este problema deseñáronse algúns produtos biodegradábeis.

Outros produtos como os metais non se poden descompoñer, acumulándose co tempo, a non ser que sexan reciclados.

Lixo tóxico editar

Moito do lixo é tóxico. O lixo tóxico inclúe pilas e baterías, que conteñen ácidos e metais pesados na súa composición, certos tipos de tinta (como aquela usada nas impresoras), alén de refugos industriais. Estes produtos precisan recibir un tratamento adecuado, pois moitos deles poden causar serios danos ambientais ou á saúde de moitas persoas.

Lixo altamente tóxico editar

O lixo nuclear e o hospitalario entran neste apartado.

Por orixe editar

 
Contedor de lixo en Barroso (Avión).
  • Lixo doméstico: é o lixo producido polas persoas no fogar.
  • Lixo urbano: é o lixo producido en instalacións públicas, en instalacións comerciais, así como restos de construcións e demolicións.
  • Lixo industrial: é o xerado polas industrias, e é xeralmente destrutivo para os ecosistemas no que se libera ou de impacto na saúde humana das poboacións próximas.
  • Lixo hospitalario: son produtos sen valor e considerados perigosos producidos dentro dun hospital, como xiringas usadas, avantais etc. Por seren perigosos, xa que poden conter axentes causantes de doenzas, este tipo de lixo sepárase do restante producido dentro do hospital (restos de comida etc), e é xeralmente incinerado. Porén, certos materiais hospitalarios, como avantais que mantiveron contacto con raios electromagnéticos de alta enerxía como raios X, clasifícanse como lixo nuclear, e reciben un tratamento diferente.
  • Lixo nuclear: composto por produtos altamente radioactivos, como restos de combustíbel nuclear, produtos hospitalarios que tiveron contacto con radioactividade (avantais, papeis etc), e calquera material que tivera exposición prolongada á radioactividade ou que posúa algún grao de radioactividade. Debido a que emiten radioactividade durante longos períodos de tempo, precisan manterse apartados.

Tratamento do lixo editar

 
Un enterramento sanitario.

Enterramentos sanitarios editar

Os enterramentos sanitarios son a maneira máis práctica, barata e usada de eliminar o lixo doméstico e urbano, alén das augas residuais non tratadas. Utilizan grandes áreas de terra, onde se deposita o lixo. Porén, inutilizan varios materiais que poderían ser reciclados, alén de ser unha fonte de polución do solo (líquidos que flúen do lixo para o solo, contendo bacterias e produtos tóxicos), de ríos e lagos (cando tales líquidos flúen da terra cara a zonas de auga na rexión) e do ar (descomposición, que xera enormes cantidades de metano e outros axentes contaminantes).[Cómpre referencia]

Incineradores editar

Os incineradores incineran literalmente o lixo, reducíndoo a cinzas. Son altamente contaminantes, xerando enormes cantidades de gases que contribúen ao agravamento do efecto estufa. É o método utilizado para a destrución do lixo hospitalario, que pode conter axentes causantes de doenzas potencialmente fatais.

Reciclaxe editar

A reciclaxe é a reutilización de materiais que doutro xeito serían considerados lixo. Os tipos de materiais reciclábeis máis comúns son o papel, os metais (non pesados), o plástico e a madeira. A reciclaxe ten a vantaxe de ser un medio ecolóxico de producir produtos, mais porén pode ser cara. Apenas se utiliza a grande escala nos países desenvolvidos, principalmente no Xapón, nos países escandinavos, na Inglaterra e no Canadá. Tampouco se poden reciclar todos os materiais, por presentar algún grao de perigo á saúde humana.

Confinamento permanente editar

O lixo altamente tóxico e duradeiro, que non se pode destruír, como o lixo nuclear, precisa tratarse e confinarse permanentemente nalgún lugar de difícil acceso, como por exemplo en túneles escavados a quilómetros por baixo do solo.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar