Literatura fenicio-púnica

A literatura fenicio-púnica é aquela escrita en fenicio, a lingua das antigas civilizaciones de Fenicia e Cartago. Toda ela está rodeada dun nimbo de misterio polos poucos vestixios que se conservaron: todo o que resta é unha serie de inscricións, poucas das cales teñen carácter netamente literario[1] (só algunha narración histórica, poemas, etc.),[2] moedas, anacos da Historia de Sancuniatón e do Tratado de Magón, a tradución ó grego da viaxe de Hannón o Navegante e o texto do Poenulus de Plauto.[3] Porén, é un feito probado que tanto en Fenicia como en Cartago houbo bibliotecas e quelos fenicios tiveron unha rica produción literaria herdeira do pasado cananeo, da que obras como as redactadas por Filón de Biblos ou Menandro de Éfeso son unha parte ínfima.[4][5]

Viaxe de Hannón o Navegante, a tradución de cuxo periplo é un dos poucos relatos fenicios que conservan.

Notas editar

  1. Barton, George A. (1901). "On the Pantheon of Tyre". Journal of the American Oriental Society (en inglés) (22): 115–117. Consultado o 5 de abril de 2012. 
    The comparatively few inscriptions which have been brought to light in recent years, consisting as they do of votive and temple inscriptions and grave stones, can hardly be dignified with the name of literature.
    [Ás comparativamente escasas inscricións que saíron á luz nos últimos anos, consistentes en inscricións votivas, relixiosas e funerarias, dificilmente se poden dignificar co nome de literatura.]
  2. Krahmalkov, Charles R. (2001). A Phoenician-Punic Grammar. Leiden; Boston; Köln: Brill. pp. 13–15. 
  3. Amor Ruibal, Ángel María (2005). "Los problemas fundamentales de la filología comparada: su historía, su naturaleza y sus diversas relaciones científicas" (en español). Consello da Cultura Galega. p. 496. ISBN 8496530078. 
  4. Martín Ruiz, Juan Antonio (2007). "Los libros púnicos de Cartago: a la búsqueda de un saber perdido". Byrsa: revista semestrale di arte, cultura e archeologia del mediterraneo punico (Polis expresse) VI (1-2). 
  5. Encyclopédie Larousse (2002). "littérature phénicienne". Dictionnaire mondial des littératures (en francés). Consultado o 3 de maio de 2012. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar