Lista dos metropolitas de Kíiv

artigo de listas da Wikimedia
(Redirección desde «Lista dos metropolitas de Kiev»)

Esta é unha lista dos metropolitas de Kíiv, dende a creación da metrópole baixo a autoridade do Patriarcado Ecuménico de Constantinopla, pasando polo Gran Cisma, e até a Unión de Brest, na que na Igrexa de Kíiv volveu á comuñón coa Igrexa católica.

O bautismo de Vladimiro, fresco de Viktor Vasnetsov. A cristianización da Rus de Kíiv afianzouse decididamente co bautismo do Gran Príncipe de Kíiv Vladimiro.

Metropolitas de Kíiv e toda a Rus (988 - 1458) editar

Metropolitas até o Gran Cisma (988 - 1054) editar

Dende Até Nome Observacións
988 992 Miguel I[1] Primeiro metropolita de Kíiv, parte da Igrexa de Constantinopla, en comuñón coa Igrexa católica.
992 1008 Leoncio[1] En comuñón coa Igrexa católica.
? c. 1018 Teofilacto Descoñécense as datas exactas do seu pontificado. En comuñón coa Igrexa católica.
1019 1035 Xoán I[1] En comuñón coa Igrexa católica.
1035 1049 Teopempto[1] En comuñón coa Igrexa católica.
1049 1051 Cirilo I En comuñón coa Igrexa católica.
1051 1054 Hilarión I[1] Durante o seu pontificado produciuse o Gran Cisma (data convencional, 1054), que supuxo a división entre a Igrexa católica e a Igrexa Ortodoxa. Porén, o alcance das divisións entre a metrópole de Kíiv e a Igrexa católica non é claro. Para maior detalle, vexa o artigo Historia do cristianismo en Ucraína.

Metropolitas até o traslado a Vladimir (1054 - 1246) editar

Dende Até Nome Observacións
1055 1061 Efrén I Primeiro metropolita logo do cisma. As datas do seu pontificado son descoñecidas, mais sábese que era metropolita en 1055 e polo menos tamén até 1061.
1072 1073 Xurxo
1077 1089 Xoán II
1089 1091 Xoán III
1091 1097 Efrén II
1097 1101 Nicolao
1104 1121 Nicéforo I
1122 1126 Niceto
1130 1145 Miguel II
1147 1156 Clemente
1156 1159 Constantino I
1161 1163 Teodoro
1164 1166 Xoán IV
1171? 1173? Miguel III Descoñécense as datas do seu pontificado.
1182 1198 Nicéforo II
1200 1220 Mateo
1225 1233 Cirilo II (I)
1233 1236 Cirilo III (II)
1237 1240 Xosé I
1241 1246 Pedro I Coa invasión dos mongol, o metropolita tivo que deixar Kíiv.

Metropolitas de Kíiv con sé en Vladimir (1246 - 1325) editar

Dende Até Nome Observacións
1247 1281 Cirilo IV (III)
1285 1305 Máximo
1305 1326 Pedro II En 1325 o metropolita trasladou a sé da metrópole a Moscova, polo que é coñecido tamén como Pedro de Moscova.

Metropolitas de Kíiv con sé en Moscova (1325 - 1458) editar

Dende Até Nome Observacións
1328 1353 Teognosto
1354 1378 Aleixo
1378 1382 Cibrán
1382 1383 Pimen
1384 1385 Dionisio I
1390 1406 Cibrán Restaurado.
1409 1431 Focio
1433 1458 Isidoro Participou no Concilio de Florencia, no que a Igrexa Católica e a Igrexa Ortodoxa volveron a estar en comuñón. Porén, cando volveu a Moscova, as autoridades civís do Gran Ducado de Moscova e o clero ortodoxo ruso rexeitaron a unión, deixando a sé vacante até a elección de Xonás e a proclamación de autocefalia.
1442 1461 Xonás En 1461, logo da caída de Constantinopla, a Igrexa Ortodoxa Rusa adquire autocefalia, e elimínase finalmente do título a sé de Kíiv. Porén, os ortodoxos nos territorios do Gran Ducado de Lituania permaneceron baixo a xurisdición da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla.

Metropolitas de Kíiv, Galicia e toda a Rus (1458 - 1595) editar

Dende Até Nome Observacións
1458 1473 Gregorio II Primeiro metropolita logo da separación da Igrexa Ortodoxa Rusa. En comuñón coa Igrexa Católica logo do Concilio de Florencia.
1474 1480 Mysail Pstruch Rexeitado polo Patriarcado Ecuménico de Constantinopla. En comuñón coa Igrexa Católica logo do Concilio de Florencia.
1475 1481 Espiridón I Rexeitado por Casimiro IV.
1481 1488 Simeón I
1488 1494 Xonás I (Hlezna)
1495 1497 Macario I (Cherta)
1498 1501 Xosé I (Bolharynovych)
1503 1507 Xonás II
1508 1521 Xosé II (Soltan)
1522 1533 Xosé III (Rusyn)
1534 1555 Macario II (Moskovytianyn)
1556 1567 Silvestre I (Belkevych)
1568 1577 Xonás III (Protasevych)
1577 1579 Elías I (Kucha)
1579 1589 Onesíforo I (Divochka)
1589 1599 Miguel IV (Rahoza) Durante o seu pontificado a Igrexa de Kíiv entrou en comuñón coa Igrexa Católica coa Unión de Brest (1595), o que deu orixe ao que hoxe son a Igrexa Católica Bizantina Ucraína e á Igrexa Católica Bizantina Belarusa. A unión non foi aceptada por todas as eparquías da metrópole ao mesmo tempo, prolongando a súa implantación até o século XVIII. A lexítima sucesión á metrópole é disputada.

Sucesión á metrópole editar

Á morte de Michal Rahoza, sucedeuno Ipatii Potii e posteriormente unha longa serie de metropolitas de Kíiv até a abolición final da unión nos territorios do Imperio Ruso en 1839, logo da morte de Jazafat Bulhak. A unión, porén, sobreviviu na metrópole de Lviv, baixo dominio austríaco. En 2005 a sé de Kíiv foi unida á arquieparquía maior de Lviv, durante o pontificado de Liubomyr Huzar, tomando entón o título de Arcebispo Maior de Kíiv-Galicia.

Para a sucesión católica ucraína, vexa: Arquieparquía Maior de Kíiv-Galicia.

De xeito paralelo, en 1620 Teófanes III consagrou a Yov Boretskyi como metropolita de Kíiv baixo a Igrexa Ortodoxa de Constantinopla. A sucesión á metrópole baixo o patriarcado de Constantinopla continuou até 1686, cando a metrópole de Kíiv foi transferida á xurisdición da Igrexa Ortodoxa Rusa.

Para a sucesión ortodoxa constantinopolitana, vexa: Metrópole ortodoxa grega de Kíiv.

Por outra parte, en 1686 a xurisdición sobre a metrópole de Kíiv pasou á Igrexa Ortodoxa Rusa. En 1990 a Igrexa Ortodoxa Ucraína (Patriarcado de Moscova) obtivo autonomía.

Para a sucesión ortodoxa rusa/ucraína, vexa: Metrópole ortodoxa ucraína de Kíiv (Patriarcado de Moscova).

En 1992 gran parte da Igrexa Ortodoxa Ucraína escindiuse da xurisdición rusa e proclamouse patriarcado, creando a Igrexa Ortodoxa Ucraína (Patriarcado de Kíiv).

Para a sucesión ortodoxa ucraína, vexa: Igrexa ortodoxa ucraína (Patriarcado de Kíiv).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Andrew Sorokowski, Osyp Zinkevych (1988). Smoloskyp Publishers and the National Committee to Commemorate the Millenium of Christianity in Ukraine, ed. A Thousand Years of Christianity in Ukraine: An Encyclopedic Chronology (en inglés). p. 34. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Blazheyovskyi, Dmytro (1990). Editiones Universitatis Catholicae Ucrainorum S. Clementis Papae, ed. Hierarchy of the Kyivan Church 72. Roma.