Lista de ordes de Unix

artigo de listas da Wikimedia

Esta é unha lista dalgunhas das ordes empregadas no sistema UNIX.

Comandos para a manipulación de directorios editar

  • mkdir - crea un directorio
  • rmdir - elimina un directorio baleiro
  • cd - cambia o directorio actual
  • pwd - amosa a localización do directorio actual
  • ls - amosa o contido do directorio actual
  • du - amosa o tamaño do directorio
  • whereis - amosa a dirección dun ficheiro determinado

Comandos para a manipulación de ficheiros editar

  • cat - amosa o contido dun ficheiro
  • tail - amosa as últimas 10 liñas dun ficheiro
  • head - amosa as primeiras 10 liñas dun ficheiro
  • vi - abre o editor de ficheiros de texto vi
  • vim - abre o editor de ficheiros de texto vim
  • rm - elimina un ficheiro
  • cp - copia un ficheiro
  • mv - move ou cambia o nome dun ficheiro
  • chmod - cambia os permisos dun ficheiro
  • chown - cambia o dono dun ficheiro
  • split - divide un ficheiro
  • recode - cambia a codificación dun ficheiro

Comandos para a administración editar

  • man - amosa información sobre un comando
  • adduser - engade un novo usuario
  • addgroup - engade un novo grupo de usuarios
  • dmesg - amosa o rexistro de inicio
  • df - amosa o estado de ocupación dos discos e particións
  • userdel - elimina un usuario
  • chfn - cambia a información relativa a un usuario
  • who - amosa quen está conectado ao sistema
  • whoami - amosa información sobre o usuario conectado
  • passwd - modifica o contrasinal dun usuario
  • ps - amosa os procesos que se están a executar
  • kill - termina un proceso
  • su - cambia ao usuario root

Comandos para a administración de rede editar

  • ifconfig - amosa as interfaces de redes activas e a información de cada unha delas
  • route - amosa información referente as rutas
  • mtr - amosa a ruta ata un IP determinado
  • netstat - amosa os portos e protocolos activos do sistema
  • traceroute - traza unha ruta dende o host local ata o destino amosando os enrutadores intermediarios
  • nslookup - consulta de servizos DNS
  • dig - consulta de servizos DNS

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar