Lista de mulleres gañadoras do Premio Nobel

artigo de listas da Wikimedia

O Premio Nobel outórgano anualmente a Real Academia das Ciencias de Suecia, a Academia Sueca, o Instituto Karolinska e o Comité Noruegués do Nobel ás persoas que fan contribucións sobresaíntes nos campos da química, física, literatura, paz, fisioloxía ou medicina e economía.[1] Todos os galardóns, excepto o premio de economía, foron instituídos acatando as indicacións do testamento de 1895 de Alfred Nobel, que ademais sinala que os premios deben ser administrados pola Fundación Nobel. O Premio Nobel de Economía, ou Premio do Banco de Suecia en Ciencias Económicas en memoria de Alfred Nobel, foi establecido en 1968 polo Banco de Suecia, que é o banco central deste país, para as contribucións sobresaíntes no campo da Economía.[2]

Todos os Premios Nobel gañados por mulleres

Cada premio é outorgado por un comité independente; así, a Real Academia das Ciencias de Suecia entrega os premios de Física, Química e Economía; a Academia Sueca entrega o premio de Literatura; o Instituto Karolinska entrega o premio de Fisioloxía ou Medicina; e o Comité do Nobel entrega o premio da Paz.[3] Cada receptor obtén unha medalla, un diploma e un premio en efectivo que variou ao longo dos anos.[2] En 1901, os gañadores dos primeiros Premios Nobel recibiron 150 782 coroas suecas, o que equivale a 8 192 489 coroas suecas a decembro de 2013. Entre 2001 e 2011, os anos en que se entregaron os premios de maior contía, os gañadores foron premiados con 10 millóns de coroas suecas, e a partir do 2012 con 8 millóns.[4] Os premios son entregados en Estocolmo (Física, Química, Fisioloxía ou Medicina, Literatura e Economía) e Oslo (Paz) nunha cerimonia anual celebrada o 10 de decembro, aniversario da morte de Nobel.[5]

A data de 2018, o premio foi outorgado a 853 homes, 51 mulleres e 24 organizacións.[6][7][8] Entre as mulleres gañadoras do Premio Nobel, a primeira foi Marie Curie, quen gañou o de Física en 1903 xunto ao seu marido Pierre Curie e Henri Becquerel.[7][9] Marie Curie tamén a única muller que gañou o Premio Nobel en máis dunha ocasión, xa que en 1911 gañou o de Química. A súa filla, Irène Joliot-Curie, gañou o de Química en 1935, polo que son a única parella de nai e filla que gañaron esta distinción.[7] Dezasete mulleres gañaron o Premio Nobel da Paz, trece o de Literatura, once o de Fisioloxía ou Medicina, cinco o de Química, tres o de Física e só unha muller o de Economía.[10] 2009 foi o ano en que máis mulleres resultaron gañadoras do premio, cun total de cinco mulleres premiadas nese ano.

Gañadoras editar

Ano Imaxe Premiada País Categoría Motivación
1903   Curie, MarieMarie Curie
(compartido con Pierre Curie e Henri Becquerel)
  Polonia
  Francia
Física «En recoñecemento aos extraordinarios servizos que prestaron coas súas investigacións conxuntas sobre os fenómenos da radiación descuberta polo profesor Henri Becquerel».[9]
1905   Suttner, Bertha vonBertha von Suttner   Imperio Austrohúngaro Paz Presidenta honoraria da Oficina Internacional pola Paz, Berna, Suíza. Autora de Lay Down Your Arms.[11]
1909   Lagerlof, SelmaSelma Lagerlöf   Suecia Literatura «En recoñecemento ao elevado idealismo, a vívida imaxinación e a percepción espiritual que caracterizan os seus escritos».[12]
1911   Curie, MarieMarie Curie   Polonia
  Francia
Química Polo seu descubrimento do radio e do polonio.[13]
1926   Deledda, GraziaGrazia Deledda   Italia Literatura «Polos seus escritos inspiradamente idealistas, que con claridade plástica debuxan a vida na súa illa natal e que con profundidade e simpatía tratan os problemas humanos en xeral».[14]
1928   Undset, SigridSigrid Undset   Noruega Literatura «Principalmente polas súas poderosas descricións da vida dos nórdicos durante a Idade Media».[15]
1931   Addams, JaneJane Addams
(compartido con Nicholas Murray Butler)
  Estados Unidos Paz Socióloga, pioneira do traballo social e o feminismo, presidenta da Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade.[16][17]
1935   Joliot-Curie, IreneIrène Joliot-Curie
(compartido con Frédéric Joliot-Curie)
  Francia Química «Pola súa síntese de novos elementos radioactivos».[18]
1938   Buck, Pearl S.Pearl S. Buck   Estados Unidos Literatura «Polas súas descricións ricas e verdadeiramente épicas da vida campesiña en China e polas súas obras mestras biográficas».[19]
1945   Mistral, GabrielaGabriela Mistral   Chile Literatura «Pola súa poesía lírica que, inspirada por poderosas emocións, fixo do seu nome un símbolo das aspiracións idealistas de todo o mundo latinoamericano».[20]
1946   Balch, Emily GreeneEmily Greene Balch
(compartido con John Raleigh Mott)
  Estados Unidos Paz Anteriormente profesora de Historia e Socioloxía, presidenta honoraria da liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade.[21]
1947   Cori, Gerty TheresaGerty Theresa Cori
(compartido con Carl Ferdinand Cori e Bernardo Houssay)
  Estados Unidos Fisioloxía ou Medicina «Polo seu descubrimento do proceso da conversión catalítica do glicóxeno».[22]
1963   Goeppert-Mayer, MariaMaria Goeppert-Mayer
(compartido con J. Hans D. Jensen e Eugene Wigner)
  Estados Unidos Física «Polos seus descubrimentos sobre a estrutura de capas nuclear».[23]
1964   Crowfoot, DorothyDorothy Crowfoot   Reino Unido Química «Por determinar as estruturas de importantes substancias bioquímicas por medio de técnicas de raios X».[24]
1966   Sachs, NellyNelly Sachs
(compartido con Samuel Agnon)
  Alemaña
  Suecia
Literatura «Pola súa destacada escritura lírica e dramática, que interpreta o destino de Israel con forza conmovedora».[25]
1976   Williams, BettyBetty Williams   Reino Unido Paz Fundadora do Northern Ireland Peace Movement (Movemento pola Paz de Irlanda do Norte), despois renomeado Community of Peace People (Comunidade de Xente Pacífica).[26]
  Maguire, MaireadMairead Maguire   Reino Unido Paz Fundadora do Northern Ireland Peace Movement (despois renomeado Community of Peace People)[26]
1977   Sussman Yalow, RosalynRosalyn Sussman Yalow
(compartido con Roger Guillemin e Andrew Schally)
  Estados Unidos Fisioloxía ou Medicina «Polo desenvolvemento do radioinmunoanálises das hormonas peptídicas».[27]
1979   Tareixa de Calcuta   India
  Macedonia do Norte
Paz Líder das Misioneiras da Caridade, Calcuta.[28]
1982   Myrdal, AlvaAlva Myrdal
(compartido con Alfonso García Robles)
  Suecia Paz Exministra do gabinete sueco, diplomática e escritora.[29]
1983   McClintock, BarbaraBarbara McClintock   Estados Unidos Fisioloxía ou Medicina «Polo seu descubrimento dos elementos xenéticos móbiles».[30]
1986   Levi-Montalcini, RitaRita Levi-Montalcini
(compartido con Stanley Cohen)
  Italia
  Estados Unidos
Fisioloxía ou Medicina «Polo seu descubrimento dos factores de crecemento».[31]
1988   Elion, GertrudeGertrude Elion
(compartido con James W. Black e George H. Hitchings)
  Estados Unidos Fisioloxía ou Medicina «Polo seu descubrimento de importantes principios no tratamento con fármacos».[32]
1991   Gordimer, NadineNadine Gordimer   Suráfrica Literatura «Quen a través da súa magnífica escritura épica -en palabras de Alfred Nobel- foi de gran beneficio para a humanidade».[33]
  Suu Kyi, Aung SanAung San Suu Kyi   Myanmar Paz «Pola súa loita non violenta pola democracia e os dereitos humanos».[34]
1992   Menchu, RigobertaRigoberta Menchú   Guatemala Paz «En recoñecemento ao seu traballo pola xustiza social e a reconciliación etno-cultural baseada no respecto dos dereitos dos pobos indíxenas».[35]
1993   Morrison, ToniToni Morrison   Estados Unidos Literatura «Quen en novelas caracterizadas pola súa forza visionaria e transcendencia poética, dá vida a un aspecto esencial da realidade estadounidense».[36]
1995   Nusslein-Volhard, ChristianeChristiane Nüsslein-Volhard
(compartido con Edward B. Lewis e Eric F. Wieschaus)
  Alemaña Fisioloxía ou Medicina «Polos seus descubrimentos sobre o control xenético do desenvolvemento embrionario temperán».[37]
1996   Szymborska, WislawaWisława Szymborska   Polonia Literatura «Pola poesía que con precisión irónica permite ao contexto histórico e biolóxico saír á luz nos fragmentos da realidade humana».[38]
1997   Williams, JodyJody Williams
(compartido coa Campaña Internacional para a Prohibición das Minas Antipersonais)
  Estados Unidos Paz «Polo seu traballo para a prohibición e limpeza de minas antipersoais».[39]
2003   Ebadi, ShirinShirin Ebadi   Irán Paz «Polos seus esforzos pola democracia e os dereitos humanos. Centrouse especialmente na loita polos dereitos das mulleres e os nenos».[40]
2004   Jelinek, ElfriedeElfriede Jelinek   Austria Literatura «Polo seu fluxo musical de voces e contravoces en novelas e obras teatrais que con extraordinario celo lingüístico revelan o absurdo dos clixés da sociedade e o seu poder subxugante».[41]
  Maathai, WangariWangari Maathai   Kenya Paz «Pola súa contribución ao desenvolvemento sustentábel, a democracia e a paz».[42]
  Buck, Linda B.Linda B. Buck
(compartido con Richard Axel)
  Estados Unidos Fisioloxía ou Medicina «Polo seu descubrimento dos receptores olfactivos e a organización do sistema olfactivo».[43]
2007   Lessing, DorisDoris Lessing   Reino Unido Literatura «Narradora épica da experiencia feminina, quen con escepticismo, ardor e poder visionario someteu unha civilización dividida ao escrutinio».[44]
2008   Barre-Sinoussi, FrancoiseFrançoise Barré-Sinoussi
(compartido con Harald zur Hausen e Luc Montagnier)
  Francia Fisioloxía ou Medicina «Polo seu descubrimento do virus da inmunodeficiencia humana».[45]
2009   Blackburn, ElizabethElizabeth Blackburn
(compartido con Carol Greider e Jack Szostak)
  Australia
  Estados Unidos
Fisioloxía ou Medicina «Polo descubrimento de como os cromosomas son protexidos polos telómeros e a encima telomerase».[46]
  Greider, Carol W.Carol W. Greider
(compartido con Elizabeth Blackburn e Jack Szostak)
  Estados Unidos
  Yonath, Ada E.Ada E. Yonath
(compartido con Venkatraman Ramakrishnan e Thomas A. Steitz)
  Israel Química «Polo estudo da estrutura e función dos ribosomas».[47]
  Muller, HertaHerta Müller   Alemaña
  Romanía
Literatura «Quen, coa concentración da poesía e a franqueza da prosa, describe a paisaxe dos desposuídos».[48]
  Elinor OstromElinor Ostrom
(compartido con Oliver E. Williamson)
  Estados Unidos Economía «Pola súa análise do goberno económico, especialmente os bens comúns».[49]
2011   Johnson-Sirleaf, EllenEllen Johnson-Sirleaf   Liberia Paz «Pola súa loita sen violencia pola seguridade das mulleres e o dereito da muller a participar plenamente no labor de consolidación da paz»[50]
  Gbowee, LeymahLeymah Gbowee
  Karman, TawakelTawakel Karman   Iemen
2013   Munro, AliceAlice Munro   Canadá Literatura «Mestra do conto contemporáneo»[51]
2014   Moser, May-BrittMay-Britt Moser
(compartido con John O'Keefe e Edvard I. Moser)
  Noruega Fisioloxía ou Medicina «Polos seus descubrimentos de células que constitúen un sistema de posicionamento no cerebro»[52]
  Yousafzai, MalalaMalala Yousafzai
(compartido con Kailash Satyarthi)
  Paquistán Paz «Pola súa loita contra a represión dos nenos e mozos, e polo dereito de todos os nenos á educación».[53]
2015   Youyou, TuTu Youyou
(compartido con William C. Campbell e Satoshi Ōmura)
  China Fisioloxía ou Medicina «Polos seus descubrimentos relativos a unha terapia novidosa contra a Malaria».[54]
  Alexievich, SvetlanaSvetlana Alexievich   Belarús Literatura «Polos seus escritos polifónicos, un monumento ó sufrimento e coraxe no noso tempo».[55]
2018   Strickland, DonnaDonna Strickland
(compartido con Gérard Mourou e Arthur Ashkin)
  Canadá Física «Polo seu método de xerar pulsos ópticos ultracurtos de alta intensidade».[56]
  Arnold, FrancesFrances Arnold
(compartido con Gregory Winter e George Smith)
  Estados Unidos Química «Pola evolución dirixida das encimas».[57]
  Murad, NadiaNadia Murad
(compartido con Denis Mukwege)
  Iraq Paz «Polos seus esforzos en poñer fin á violencia sexual como arma de guerra e conflito armado».[58]
  Tokarczuk, OlgaOlga Tokarczuk   Polonia Literatura «Por unha imaxinación narrativa que con paixón enciclopédica representa o cruzamento de fronteiras como forma de vida»[59]
2019   Duflo, EstherEsther Duflo
(compartido con Abhijit Banerjee e Michael Kremer)
  Francia
  Estados Unidos
Economía «Pola súa aproximación experimental para aliviar a pobreza global»[60]
2020 Andrea M. Ghez

(compartido con Roger Penrose e Reinhard Genzel)

  Estados Unidos Física «Polo descubrimento dun obxecto compacto supermasivo no centro da nosa galaxia»[61].
  Emmanuelle Charpentier   Francia Química «Polo desenvolvemento dun método para a edición do xenoma».[62]
  Jennifer Doudna   Estados Unidos
  Louise Glück   Estados Unidos Literatura «Pola súa inconfundible voz poética que con austera beleza fai universal a existencia individual».[63]
2021
 
Maria Ressa (compartido con Dmitry Muratov) Paz
2022
 
Carolyn Bertozzi[64]

(compartido con Morten Meldal e K. Barry Sharpless)

  Estados Unidos Química
 
Annie Ernaux[65]   Francia Literatura
2023
 
Anne L'Huillier[66] (compartido con Pierre Agostini[67] e Ferenc Krausz)[67]   Francia Física «Polos seus experimentos, que proporcionaron á humanidade novas ferramentas para explorar o mundo dos electróns dentro dos átomos e moléculas».[68]
 
Katalin Karikó[69] (compartido con Drew Weissman)[70]   Estados Unidos  Hungría Fisioloxía ou Medicina «(as súas investigacións)... foron fundamentais para desenvolver vacinas eficaces de ARNm contra COVID-19 durante a pandemia que comezou a principios de 2020»[71]
 
Narges Mohammadi[72]   Irán Paz «...pola súa loita contra a opresión das mulleres en Irán e pola súa loita por promover os dereitos humanos e a liberdade para todos».[73]
 
Claudia Goldin[74]   Estados Unidos Economía «...proporcionou o primeiro relato completo dos ingresos das mulleres e da participación no mercado laboral ao longo dos séculos».[75]

Notas editar

  1. "Alfred Nobel – The Man Behind the Nobel Prize". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "Nobel Prizes and Laureates". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  3. "The Nobel Prize Awarding Institutions". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  4. "The Nobel Prize Amounts". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  5. "The Nobel Prize Award Ceremonies". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  6. "All Nobel Prizes". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Nobel Prize Awarded Women". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2018. 
  8. "Nobel Prize Awarded Organizations". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2016. 
  9. 9,0 9,1 "Nobel Prize in Physics 1903". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  10. "Economics 2009". Nobel Foundation (en inglés). 12 de outubro de 2009. Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  11. "Nobel Peace Prize 1905". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  12. "Nobel Prize in Literature 1909". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  13. "The Nobel Prize in Chemistry 1911". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  14. "Nobel Prize in Literature 1926". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  15. "Nobel Prize in Literature 1928". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  16. "Nobel Peace Prize 1931". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  17. "Jane Addams - Biographical". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2015. 
  18. "The Nobel Prize in Chemistry 1935". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  19. "Nobel Prize in Literature 1938". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  20. "Nobel Prize in Literature 1945". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  21. "Nobel Peace Prize 1946". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  22. "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1947". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  23. "The Nobel Prize in Physics 1963". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  24. "The Nobel Prize in Chemistry 1964". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  25. "Nobel Prize in Literature 1966". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  26. 26,0 26,1 "Nobel Peace Prize 1976". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  27. "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1977". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  28. "Nobel Peace Prize 1979". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  29. "Nobel Peace Prize 1982". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  30. "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1983". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  31. "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1986". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  32. "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1988". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  33. "Nobel Prize in Literature 1991". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  34. "Nobel Peace Prize 1991". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  35. "Nobel Peace Prize 1992". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  36. "Nobel Prize in Literature 1993". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  37. "Nobel Prize in Physiology or Medicine 1995". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  38. "Nobel Prize in Literature 1996". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  39. "Nobel Peace Prize 1997". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  40. "Nobel Peace Prize 2003". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  41. "Nobel Prize in Literature 2004". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  42. "Nobel Peace Prize 2004". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  43. "Nobel Prize in Physiology or Medicine 2004". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  44. "Nobel Prize in Literature 2007". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  45. "Nobel Prize in Physiology or Medicine 2008". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  46. "Nobel Prize in Physiology or Medicine 2009". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  47. "Nobel Prize in Chemistry 2009". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  48. "Nobel Prize in Literature 2009". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  49. "Nobel Prize in Economics 2009". Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  50. "The Nobel Peace Prize 2011". Nobel Foundation. Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  51. "The Nobel Prize in Literature 2013" (PDF). Nobel Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  52. "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 2014". Nobel Foundation. Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  53. "The Nobel Peace Prize 2014". Nobel Foundation. Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  54. "The Nobel Prize in Literature 2013" (PDF). Nobel Foundation. Consultado o 4 de abril de 2016. 
  55. "Nobel Prize in Literature 2015". Nobel Foundation. Consultado o 4 de abril de 2016. 
  56. "The Nobel Prize in Physics 2018". Nobel Foundation. Consultado o 13 de outubro de 2018. 
  57. "Nobel Prize in Chemistry Is Awarded to 3 Scientists for Using Evolution in Design of Molecules". Consultado o 3 de outubro de 2018. 
  58. "Nobel Peace Prize for anti-rape activists Nadia Murad and Denis Mukwege". Consultado o 5 de outubro de 2018. 
  59. "Nobel Prize in Literature 2018". Nobel Foundation. Consultado o 10 de outubro de 2019. 
  60. Nobel Prize 2019 nobelprize.org
  61. "The Nobel Prize in Physics 2020". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2020-10-17. 
  62. "The Nobel Prize in Chemistry 2020". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2020-10-17. 
  63. "All Nobel Prizes 2020". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2020-10-17. 
  64. "Nobel de Química consagra primeira mulher da temporada; americano vence pela segunda vez". RFI (en portugués). 2022-10-05. Consultado o 2022-10-08. 
  65. García Higueras, Laura (6 de outubro de 2022). "Annie Ernaux, la maestra de la autoficción, gana el Premio Nobel de Literatura 2022". eldiario.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  66. Raffio, Valentina (3 de outubro de 2023). "El Nobel de Física 2023 premia la técnica para entender qué pasa en menos de un segundo". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  67. 67,0 67,1 Raffio, Valentina (3 de outubro de 2023). "El Nobel de Física 2023 premia la técnica para entender qué pasa en menos de un segundo". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  68. "The Nobel Prize in Physics 2023". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  69. Criado, Miguel Ángel (2 de outubro de 2023). "Premio Nobel de Medicina 2023 para Katalin Karikó y Drew Weissman por la vacuna de la covid". elpais.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  70. Criado, Miguel Ángel (2 de outubro de 2023). "Premio Nobel de Medicina 2023 para Katalin Karikó y Drew Weissman por la vacuna de la covid". elpais.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  71. "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 2023". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  72. García Díaz, Sara (6 de outubro de 2023). "Premio Nobel de la Paz 2023: Nargis Mohammadi ganadora, en directo". huffingtonpost.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  73. "The Nobel Peace Prize 2023". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  74. Redacción (9 de outubro de 2023). "El Nobel de Economía es para Claudia Goldin por estudiar la aportación de las mujeres en el mercado de trabajo". rtve.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  75. "The 2023 economic sciences laureate". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar