Lisa Stansfield

cantante británica

Lisa Jane Stansfield, nada en Manchester[1] o 11 de abril de 1966, é unha cantante inglesa.

Infotaula de personaLisa Stansfield

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de abril de 1966 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Manchester, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónOulder Hill Community School and Language College, Rochdale (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante , actriz de cinema , presentadora de televisión , música , cantautora , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoSoul e música pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraContralto Editar o valor em Wikidata

InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoArista Editar o valor em Wikidata

Páxina weblisa-stansfield.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0822699 Allocine: 38210 Rottentomatoes: celebrity/lisa-stansfield Allmovie: p67620 Metacritic: person/lisa-stansfield
Facebook: lisastansfieldofficial Twitter: lisajstansfield Instagram: lisajstansfield Youtube: UC3vqSUG1jsW-LSAIOXm7phg Souncloud: lisastansfield Spotify: 2jS7I1u7BpgWT9ssG62Zr1 iTunes: 460575 Last fm: Lisa+Stansfield Musicbrainz: 8f632c44-c97f-4b12-b1cd-caf2c6e2ed06 Songkick: 503442 Discogs: 1830 Allmusic: mn0000302106 Deezer: 2831 Genius: Lisa-stansfield Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Antes de iniciar a súa carreira en solitario, foi a cantante do grupo The Blue Zone[2] con éxitos como "Jackie" ou "Big thing" e posteriormente colaborou no disco Coldcut co sinxelo "People Hold On" en 1988. Conseguiu a popularidade con Affection en 1989, disco de platino con máis de 5 000 000 de copias vendidas que incluía os seus éxitos "All Around the World" e "This Is the Right Time". Tanto este disco como o seguinte, Real Love, están influenciados polo son disco e motown dos anos 70 de Barry White (arranxos, ritmo e mesmo a técnica de Stansfield). Real Love incluíu o éxito "Change", que chegou a ser moi popular en emisoras de Europa e o Canadá.

En 1992 actuou no tributo a Freddie Mercury xunto con outros membros de Queen interpretando "I Want to Break Free" e "These Are The Days Of Our Lives", esta última xunto a George Michael.

En 1991 e 1992, gañou o premio Brit como mellor artista feminina británica e o ano seguinte editou exclusivamente en Europa o seu terceiro traballo So Natural con temas como "Little Bit of Heaven" ou "In All the Right Places"; este último foi incluído na banda sonora do filme Indecent Proposal. Tamén tivo grande éxito un sinxelo, "Someday (I'm Coming Back)" composto para o filme O escolta, con Kevin Costner e Whitney Houston. Lanzouse no Reino Unido o 7 de decembro de 1992 e noutros países de Europa a principios de 1993.

Tras un retiro, regresóou aos escenarios en 1997 cun LP titulado como o seu nome, Lisa Stansfield, co que obtivo de novo éxito con cancións como "The Real Thing", unha versión da canción de Barry White, "Never, Never Gonna Give You Up" e unha nova mestura do seu antigo éxito con Coldcut "People Hold On". Con este traballo acadou o número dous na listaxe de vendas inglesas.

En 1998 casou con Ian Devaney, guitarrista, teclista, produtor e antigo membro de Blue Zone.[1] O anos seguinte participou como actriz e na banda sonora da comedia Swing. Xa en 2001 deu un cambio ao seu son e estilo, actualizando a súa música e editou Face up, con temas como "Let's Just Call It Love" ou "8-3-1", en que empregaba con sutileza efectos e sons máis electrónicos acompañados coa súa peculiar voz e os seus acompañamentos vocais de segundo plano. A pesar diso, só conseguiu colocarse no posto 38 da listaxe británica.

En 2003 a súa discográfica de sempre, BMG Ariola, editou Lisa Stansfield: Biography, the greatest hits, un CD coas súas mellores cancións e un segundo CD especial con noveas mesturas que conseguiu chegar ao números tres en Inglaterra. Ese mesmo ano rompeu a súa relación con BMG/Ariola, fichou por ZTT e sacou ao mercado o seu sexto álbum de estudio The Moment, en 2004. Destacaron temas como "Treat Me Like a Woman" e "If I Hadn't Got You", producidos por Trevor Horn, que foi coñecido polos seus traballos con Paul McCartney, Seal e Frankie Goes to Hollywood, entre outros. Esta vez apuostou por un estilo máis sinxelo, achegado a un son máis pop e acústico.

En 2005, obtivo o premio Women's World Award na categoría de arte.

Discografía editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Lisa Stansfield - Biography". LISA STANSFIELD | THE OFFICIAL FANSITE. Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  2. "Lisa Stansfield." Contemporary Musicians. Vol. 9. Farmington Hills, MI: Gale, 1993. Consultado a través da base de datos Biography in Context, 16 de abril de 2017. Tamén dispoñible en liña en Encyclopedia.com.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar