Liptornis hesternus
Rango fósil: Mioceno medio
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: incerti ordinis
Familia: incertae familiae
Xénero: Liptornis
Ameghino, 1894[1]
Especie: L. hesternus
Nome binomial
Liptornis hesternus
Ameghino, 1894

Liptornis hesternus é unha especie de ave fósil de afinidades incertas. Foi descrita polo paleontólogo arxentino Florentino Ameghino en 1894 a partir de vértebras cervicais datadas no Mioceno medio da Patagonia. Daquela foi relacionado cos Pelecanidae, aínda que isto é cuestionable. Nunha revisión paleontolóxica feita en 1933, Lambrecht relacionouno coa superfamilia Sulides sen clasificalo nunha familia.[2] Un estudo posterior suxeriu clasificalo na familia Anhingidae.[3]

Notas editar

  1. Ameghino, F. (1894). "Sur les oiseaux fossiles de Patagonie; et la faune mammalogique des couches à Pyrotherium". Boletin del Instituto Geográfico Argentino 15: 501–660. 
  2. Olson, Storrs L. (1985). "The fossil record of birds". En Donald S. Farner, James R. King, & Kenneth C. Parkes, eds. Avian Biology, vol. VIII. Academic Press. p. 201. ISBN 0-12-249408-3. 
  3. "†Liptornis (darter)". Paleobiology Database. Fossilworks. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2016. Consultado o 22 de febreiro 2016. 

 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.