O lipidoma é o conxunto dos tipos diferentes de lípidos das células. Os lípidos son un dos catro principais compoñentes dos organismos biolóxicos, xunto coas proteínas, azucres e ácidos nucleicos. Lipidoma é un termo acuñado no contexto das ciencias ómicas da bioloxía moderna, dentro do campo da lipidómica.[2] Pode ser estudado usando espectrometría de masas e bioinformática así como métodos de laboratorio tradicionais.[3][4] O lipidoma dunha célula pode ser subdividido en lipidoma de membrana e lipidoma mediador.[5]

o lipidoma en conexión co interactoma total dunha célula.
O lipidoma cuantitativo (ao nivel de clases de lípidos) do lévedo Saccharomyces cerevisiae en diferentes fases de crecemento.[1]

O primeiro lipidoma dunha célula que se publicou foi o do macrófago de rato en 2010.[6] O lipidoma do lévedo Saccharomyces cerevisiae foi tamén caracterizado cunha cobertura estimada no 95%;[7] e están realizándose estudos sobre o lipidoma humano.[2][6] Por exemplo, o lipidoma do plasma humano consta de case 600 especies moleculares distintas de lípidos.[8] As investigacións realizadas suxiren que o lipidoma dun individuo pode indicar os riscos de cancro asociados coas graxas da dieta, especialmente no cancro de mama.[9][10]

Notas editar

  1. Klose, C; Surma, MA.; Gerl, MJ.; Meyenhofer, F; Shevchenko, A; Simons, K (April 2012). "Flexibility of a Eukaryotic Lipidome – Insights from Yeast Lipidomics". PLoS ONE 7 (4): e35063. PMC 3329542. PMID 22529973. doi:10.1371/journal.pone.0035063. 
  2. 2,0 2,1 Quehenberger O, Armando AM, Brown AH, et al. (November 2010). "Lipidomics reveals a remarkable diversity of lipids in human plasma". J. Lipid Res. 51 (11): 3299–305. PMC 2952570. PMID 20671299. doi:10.1194/jlr.M009449. Consultado o 2011-05-07. 
  3. Subramaniam S; Fahy E; Gupta S; Sud M; Byrnes R.W; Cotter D; Dinasarapu A.R; Maurya M.R (2011). "Bioinformatics and Systems Biology of the Lipidome". Chemical Reviews 111 (10): 6452–6490. PMC 3383319. PMID 21939287. doi:10.1021/cr200295k. 
  4. Seppänen-Laakso T, Oresic M (March 2009). "How to study lipidomes". J. Mol. Endocrinol. 42 (3): 185–90. PMID 19060177. doi:10.1677/JME-08-0150. 
  5. "Lipidomics". BioSoft. Consultado o 7 May 2011. 
  6. 6,0 6,1 "First Functioning 'Lipidome' of Mouse Macrophage Described". ScienceDaily. Consultado o 7 May 2011. 
  7. Ejsing CS, Sampaio JL, Surendranath V, et al. (February 2009). "Global analysis of the yeast lipidome by quantitative shotgun mass spectrometry". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 106 (7): 2136–41. PMC 2650121. PMID 19174513. doi:10.1073/pnas.0811700106. Consultado o 2011-05-07. 
  8. Quehenberger, Oswald; Dennis, Edward A. (2011-11-10). "The human plasma lipidome". The New England Journal of Medicine 365 (19): 1812–1823. ISSN 1533-4406. PMC 3412394. PMID 22070478. doi:10.1056/NEJMra1104901. 
  9. Bougnoux P, Hajjaji N, Couet C (2008). "The lipidome as a composite biomarker of the modifiable part of the risk of breast cancer". Prostaglandins Leukot. Essent. Fatty Acids 79 (3–5): 93–6. PMID 18930643. doi:10.1016/j.plefa.2008.09.004. 
  10. Bougnoux P, Giraudeau B, Couet C (March 2006). "Diet, cancer, and the lipidome". Cancer Epidemiol. Biomarkers Prev. 15 (3): 416–21. PMC 2755770. PMID 16537692. doi:10.1158/1055-9965.EPI-05-0546. Consultado o 2011-05-07. 

Véxase tamén editar

Outros artogps editar

Bibliografía editar

  • Mutch DM, Fauconnot L, Grigorov M, Fay LB (2006). "Putting the 'Ome' in lipid metabolism". Biotechnol Annu Rev 12: 67–84. PMID 17045192. doi:10.1016/S1387-2656(06)12003-7. 
  • van der Meer-Janssen YP, van Galen J, Batenburg JJ, Helms JB (January 2010). "Lipids in host-pathogen interactions: pathogens exploit the complexity of the host cell lipidome". Prog. Lipid Res. 49 (1): 1–26. PMID 19638285. doi:10.1016/j.plipres.2009.07.003. 
  • Gaspar ML, Aregullin MA, Jesch SA, Nunez LR, Villa-García M, Henry SA (March 2007). "The emergence of yeast lipidomics". Biochim. Biophys. Acta 1771 (3): 241–54. PMID 16920401. doi:10.1016/j.bbalip.2006.06.011. 

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.