Linosa é unha das illas Peláxicas con 5´43 km², e preto de 490 habitantes esta 42 km ao nordés de Lampedusa, e en conxunto constitúen a comuna de Lampedusa e Linosa (6.304 hab.) na provincia de Agrigento.

Linosa
Linusa
Mapa das Illas Peláxicas
Situación
PaísItalia Italia
ComunaLampedusa e Linosa
ProvinciaAgrigento
ArquipélagoIllas Peláxicas
MarMar Mediterráneo
CoordenadasCoordenadas: 35°51′33″N 12°51′46″L / 35.85918, 12.86272
Xeografía
Superficie5,43 km²
Perímetro11
Punto máis alto195 m. Monte Vulcano
Demografía
Poboación490 hab. (2007)

A illa é mencionada polo grego Estrabón e por Plinio o Vello na Naturalis Historia como Aethusa, Αιθουσσα e Algusa Αλγουσσα en grego. O nome 'Lenusa' aparece no século XVI polo Dominico Thomas Fazzello. O nome Linosa naceu en 1845 utilizado polo xinete Bernardo María Sanvinsente.

Xeografía editar

Linosa ten unha extensión de 5´4 km² e está situado no centro do mar Mediterráneo a 160 km ao sur de Sicilia e 160 km ao leste de Tunisia.

É máis ou menos circular cunha costa de 11 km. A diferenza de Lampedusa e Lampione que forman parte da plataforma continental de África (son resultado dunha fractura no propio continente), Linosa é de orixe volcánica e levántase desde mil cincocentos metros de profundidade, en realidade, o contrario de Lampedusa e Lampione as profundidades de Linosa afúndense rapidamente.

É de orixe volcánica e as súas orixes son relativamente recentes: de acordo cos estudos xeolóxicos, Linosa xurdiu durante o Cuaternario e ten a súa orixe nas erupcións producidas ao longo da falla que se estende entre a costa leste de Sicilia e a costa de Tunisia.

O cráter volcánico é aínda moi evidente: no centro da illa, baixo e ancho (600 metros de diámetro), esténdese o cráter principal, a Fossa del Cappellano, moi cultivada. Coróana tres conos: Monte Vulcano (195 m), Monte Rosso (186 m) e Monte Nero (107 m), ademais dun pequeno cráter de 50 m nas ladeiras deste último. A actividade eruptiva deste último cráter (o máis pequeno) terminou ao redor de 2.500 anos atrás. Na actualidade a illa está durmida.

 
Panorámica da illa

Historia editar

A illa de Linosa, ao longo dos séculos, foi nomeada con nomes diferentes. Xa na época de Plinio o Vello incluía a palabra "Aethusa" para indicar unha illa de orixe volcánica no Estreito de Sicilia, despois o termo sufriu diversos cambios pasando "LENUS", logo "Larniusa" e finalmente "Algusa".

Ante a falta total de fontes de auga e a distancia da terra firme é fácil ver que a ocupación da illa é bastante recente. Con todo, en tempos antigos era un refuxio para os que navegan o Mare Nostrum e é seguro que Roma a utilizou durante as guerras púnicas como base, permanecen os restos de 150 tanques para a provisión de auga de choiva, ademais o mar que a rodea está cheo de restos de naufraxios que afundiron ao longo dos séculos. Á dominación cartaxinesa e romana, seguiron os sarracenos / árabes, os normandos e os Anjou e despois os Aragoneses. Desde entón, a illa estivo deshabitada e servía como un porto á piratería do Mediterráneo.

En 1555 parte da frota de Carlos I de España ao regresar da vitoria de Tunisia sobre os turcos, foi sorprendida por unha forte tormenta e algúns barcos foron destruídos nas rocas de Linosa.

En 1630, Carlos II de España concede á familia Tomasi o título de Príncipe de Lampedusa (e polo tanto o mando de Linosa). En 1776 un dos príncipes Tomasi aconsellou ao rei de Nápoles para vender as illas aos ingleses que mostraban moito interese polo seu valor estratéxico, pero o rei non cedeu e finalmente comproulla ó príncipe.

En 1843, Fernando II das Dúas Sicilias, o rei das Dúas Sicilias, encargou ó piloto Bernardo María Sanvinsente, capitán de fragata, colonizar as illas. Iso foi o 22 de setembro de 1843 en Lampedusa. Pero non foi ata o 25 de abril de 1845, cando un primeiro grupo de trinta persoas, composto de varias familias de hábiles artesáns provenientes de Ustica, Agrigento e Pantelleria (incluído un tenente de alcalde, un sacerdote e un médico), desembarcaron na illa. Os colonos foron recrutados polo anuncio público e recibirían un salario de tres centimos día e a libre utilización de 240 acres de terra.

Esquecidos e abandonados polo Goberno do Reino de Italia, os linosanos seguiron vivindo na illa, sendo chamados só durante a Gran Guerra.

Nos anos sesenta do século XX Linosa comeza a cambiar a cara: primeiro chegaron as innovacións técnicas que viñan acompañadas por un desenvolvemento turístico. A SIP instala en 1963 a primeira central telefónica, en 1967 entrou en funcionamento unha planta de enerxía, en 1968 inaugurouse o novo edificio da gardería, dedicada a Pedro Taviani e o de Primaria e Secundaria. En 1983 a construción da potabilizadora asegura unha subministración continua de auga potable. En 1976 a RAI tamén instala un repetidor para a primeira e segunda canle.

A illa adquiriu ao longo dos anos, unhas condicións de vida decentes, aínda que moitos servizos séguense mellorando.

 
típicas vivendas da illa

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar