Linguas triquis

familia de linguas

O triqui ou trique é unha macrolingua pertencente á familia otomangueana que se fala no occidente do estado de Oaxaca, México, aínda que posúe tamén unha comunidade lingüística en varios núcleos urbanos do centro do país e os estados de Sonora e Baixa California, onde os indíxenas triqui traballan nos campos de cultivo.

Triqui
Xna'ánj nu' a, Nanj nï'ïn, Snáhánj nìh, Tnánj nình-in
Falado en: México
Rexións: Oaxaca
Total de falantes: 26 000 (2010)[1]
Familia: Otomangueana
 Mixteca
  Triqui
Escrita: Latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: México[2]
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: varios:
trc — Triqui de Copala
trq — Triqui de San Martín Itunyoso
trs — Triqui de Chicahuaxtla
Mapa
Status

Clasificación editar

As linguas triquis, xunto coa lingua mixteca e a lingua cuicateca, forman parte do grupo lingüístico mixtecano da gran familia otomangueana.

Notas editar

  1. Instituto Nacional de Estadística y Geografía (2010). "Lenguas indígenas en México y hablantes (de 5 años y más) al 2010". Cuéntame...de México. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 26 de decembro de 2012. 
  2. Honorable Congreso de la Unión (13 de marzo de 2003). "Ley General de Derechos Lingüísticos de los Pueblos Indígenas" (PDF). Diario Oficial de la Federación (México). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xuño de 2008. Consultado o 26 de decembro de 2012.