Linguas paleohispánicas

Chámanse linguas paleohispánicas ou prerromanas as linguas indíxenas faladas na Península Ibérica antes da chegada dos romanos.

Linguas paleohispánicas

Historia e características editar

É controvertido o uso do termo "indíxenas" posto que non se coñece a orixe dalgunhas destas linguas e outras son indoeuropeas, pero delimita o grupo de linguas tratado fronte ao fenicio, ao grego e naturalmente fronte a latín.

A maioría das linguas faladas na península antes dos romanos son practicamente descoñecidas. Das que nos son coñecidas, só dispoñemos das noticias deixadas por fenicios, gregos e romanos e unha serie de inscricións. É o que se chama linguas en ruínas ou residuais (en alemán Restsprachen ou Trümmersprachen) e que as coloca na mesma categoría có etrusco, o paleosardo, o lígur e o rético entre outras.

As linguas paleohispánicas das que se coñecen textos escritos son:

Na figura non se marcaron as áreas dos pobos respectivos, senón só as áreas nas que se atoparon inscricións. Desde o -600 ata a desaparición destas linguas, a distribución dos pobos, sobre todo dos celtas, variou considerablemente.

Outras linguas prerromanas da Península Ibérica editar

O antigo europeo tamén se falou na Península Ibérica como o demostran os nomes de diversos topónimos como Almar, Almonte, Almería, Jarama, Jaramillo, Sella, Jalón, Salamanca, Xálima, Aranzuelo, Arlanza e Arlanzón.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Villar, Francisco, Los indoeuropeos y los orígenes de Europa, Madrid, 1991, ISBN 84-249-1471-6.
  • Albertos Firmat, María Lourdes, "Lenguas primitivas de la Península Ibérica" en Boletín de la institución “Sancho el Sabio“, tomo XVII, 1973.
  • Blázquez, José María; Francisco Presedo; Francisco Javier Lomas; Javier Fernández Nieto, "Protohistoria" en Historia de España antigua, tomo I, 1997, ISBN 84-376-0232-7.
  • Pellón, José R., Diccionario Espasa Íberos, Madrid, 2001, ISBN 84-239-2290-1.
  • Eslava Galán, Juan, Los íberos, Madrid, 2004, ISBN 84-270-2996-9.
  • Palaeohispanica (revista sobre lengua y culturas de la Hispania antigua), tomo 1, Zaragoza, 2001, ISSN 1578-5386.
  • Caridad Arias, Joaquín, Toponimia céltica de Galicia, Deputación de Lugo, 2006, ISBN 84-8192-343-5.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar