As linguas na-dené,[1] ou tamén na-dene, nadene ou atapascano-eyak-tlingit, é unha familia de linguas do noroeste do Norte de América.

Distribución das linguas na-dene

Características editar

Está conformada polas linguas tlingit, haida, eyak e o conxunto de linguas atapascanas, como o apache, o navajo e o chipewa, entre outras, aínda que non exista unanimidade entre os lingüistas; así, por exemplo, o haida hai quen non o considera dentro desta familia. En febreiro de 2008 publicouse un estudo que unía a familia na-dené coa lingua ket, pertencente ás linguas ieniseianas[1]. Son linguas tonais.

De acordo cunha controvertida hipótese do lingüista ruso Sergei Starostin, a familia na-dené é parte da macrofamilia dené-caucásica, que incluiría ademais ás linguas sino-tibetanas, ás norcaucásicas, ás linguas ieniseianas e ao éuscaro. Esta idea xa fora considerada un século antes por Edward Sapir. O profesor Edward Vajda, da Western Washington University, pensa que as linguas na-dené si están relacionadas coas linguas ieniseianas da Siberia[2]. Joseph Greenberg dicía que as linguas na-dené orixináronse nunha migración específica de Asia a América fai oito ou seis mil anos, diferenciada da migración esquimó-aleutiana e do resto dos amerindios.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar