Lingua selk'nam

Lingua

A lingua selk'nam ou lingua ona,[3] é unha lingua propia do pobo selk'nam, unha tribo indíxena da Illa Grande da Terra do Fogo, no punto máis meridional de América do Sur.

Selk'nam
Outros nomes:Ona
Falado en: Chile e a Arxentina
Rexións: Patagonia, Terra do Fogo.
Total de falantes: ~1[1]
Familia: Chon
 Chon insular
  Selk'nam
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: ona
Mapa
Status

O selk'nam está clasificado como extinto polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

Forma parte da familia das linguas chon da Patagonia. O selk'nam está case extinto por mor do xenocidio selk'nam realizado por inmigrantes europeos a finais do século XIX, a alta taxa de mortalidade por epidemia, e a desaparición da súa sociedade tradicional. Hai fontes que estabelecen que o derradeiro falante fluído nativo morreu na década de 1980,[4]:92 mentres outras apuntan a existencia de dous falantes superviventes no 2014.[5] Keyuk Yantén, un rapaz chileno con devanceiros selk'nam,[6] e Herminia Vera, unha muller selk'nam arxentina que finou no 2014[1], eran quen de comunicarse na lingua,[1] aínda que só como semifalantes ou falantes cun coñecemento pasivo limitado da lingua. O nome "ona" provén da lingua yámana e prevaleceu sobre selk'nam, nome que eles utilizaban para autodenominarse.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Rojas-Berscia, Luis Miguel (2014). A Heritage Reference Grammar of Selk'nam. Tesis de maestría. Nijmegen: Radboud Universiteit Nijmegen.
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. "Entrada ona en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2017. Consultado o 07 de marzo de 2017. 
  4. Adelaar, Willem (2010). "South America". In Christopher (ed.), Atlas of the World's Languages in Danger, 3rd Edition. UNESCO. pp. 86-94.
  5. Rojas, Luis (2014). A Heritage Reference Grammar of Selk'nam. Manuscript.
  6. El joven que está reviviendo un idioma agonizante

Véxase tamén editar

Bibliografía editar