Lingua nuosu

Lingua de prestixio do pobo yi

A lingua nuosu (ou nosu, ꆈꌠ꒿, pronunciado: Nuosuhxop), tamén coñecido como yi setentrional, liangshan yi e yi de Sichuan, é a lingua de prestixio do pobo yi; foi escollida polo goberno chinés como a forma estándar da lingua yi (en mandarín: Yí yǔ, 彝語/彝语) e como tal, é a única que se ensina nas escolas nas formas oral e escrita. É falada por dous millóns de persoas e o seu número está medrando; o 60% son monolingües. Nuosu é o nome nuosu/yi nativo para a súa propia lingua e non é empregado en mandarín, e malia que ás veces pode ser deletreado para a súa pronunciación (nuòsū yǔ 诺苏语/諾蘇語), o carácter chinés para nuòsū non ten significado.[2]

Nuosu
ꆈꌠ꒿ Nuosuhxop
Outros nomes:Liangshan
Falado en: República Popular da China
Rexións: Sur de Sichuan, norte de Yunnan
Total de falantes: 2 millóns (2000)
Familia: Sino-tibetana
 Lolo-búrmica
  Lolo
   Niso
    Nuosu
Escrita: Silabario yi, antigamente logogramas
Estatuto oficial
Lingua oficial de: China
Códigos de lingua
ISO 639-1: ii
ISO 639-2: ii
ISO 639-3: iii
Mapa
Status

O nuosu está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Os termos comúns 'yi negro' (mandarín: hēi Yí 黑彝) e 'yi branco' (bái Yí 白彝) son castes do pobo nuosu, non dialectos.

O nuosu é unha das múltiples variedades mutuamente inintelixibles do yi, lolo, moso ou Noso. As seis linguas yi recoñecidas polo goberno chinés comparten entre un 25% e un 50% do seu vocaulario en común. Comparten un sistema de escrita, o silabario yi.

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Zhu Wenxu etc. 朱文旭、木乃热哈、陈国光 Yi-yu basic course 彝语基础教程 Central Minorities Publishing Co. 中央民族大学出版社 (2006-04出版)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Chen Kang [陈康]. 2010. A study of Yi dialects [彝语方言研究]. Beijing: China Minzu University Press.