Lingua moldova

lingua falada en Moldavia
(Redirección desde «Lingua moldava»)

A lingua moldova[1] (limba moldovenească, ou лимба молдовеняскэ) é un dos nomes da lingua romanesa na República de Moldavia,[2][3] e segundo o Artigo 13 da constitución;[4] o outro nome, recoñecido pola Declaración de Independencia de Moldavia e o Tribunal constitución é "romanés".

A nivel oficial, o Tribunal Constitucional interpretou no 2013 que o Artigo 13 da constitución foi substituído pola Declaración de Independencia,[5] dando así un estatuto oficial á lingua nomeado como 'romanés'.[6][7]

Ortografía editar

 
Un sinal de "Benvidos!" en cirílico moldovo en Tiráspol, Transnistria, 2012. A frase en alfabeto latino sería: "Bine ați venit!"

A lingua foi escrita, xeralmente, en alfabeto romanés cirílico (baseado no alfabeto do antigo eslavo eclesiástico) antes do século XIX. Dende aí até a primeira guerra mundial, foron usados o antigo cirílico e o latino, até que o antigo cirílico caeu en desuso. No período de entreguerras, as autoridades soviéticas da República Socialista Soviética Autónoma de Moldavia usaron o latino e o cirílico para escribir a lingua, debido ás metas políticas dese tempo. Entre 1940 e 1989, durante o dominio soviético do país, o novo alfabeto cirílico moldovo substituíu o alfabeto latino como o alfabeto oficial de Moldavia.[8] En 1989, o alfabeto latino foi, de novo, adoptado en Moldavia, xunto coas regras ortográficas usadas en Romanía nese tempo. Porén, en Transnistria seguese usando o alfabeto cirílico.[9]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para moldovo.
  2. Kogan Page 2004, p. 242
  3. ""A Field Guide to the Main Languages of Europe – Spot that language and how to tell them apart"" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de novembro de 2015. Consultado o 05 de novembro de 2019. 
  4. (en romanés) "Article 13, line 1 – of Constitution of Republic of Moldova" Arquivado 26 de febreiro de 2008 en Wayback Machine.
  5. Constitutional Court of Moldova (ed.). "Hotărâre Nr. 36 din 05.12.2013 privind interpretarea articolului 13 alin. (1) din Constituție în corelație cu Preambulul Constituției și Declarația de Independență a Republicii Moldova (Sesizările nr. 8b/2013 și 41b/2013)" (en romanés). Consultado o 20 de decembro de 2013. 124. [...] Prin urmare, Curtea consideră că prevederea conținută în Declarația de Independență referitoare la limba română ca limbă de stat a Republicii Moldova prevalează asupra prevederii referitoare la limba moldovenească conținute în articolul 13 al Constituției. 
  6. "Moldovan court rules official language is 'Romanian,' replacing Soviet-flavored 'Moldovan'". Consultado o 11 de marzo de 2014. 
  7. "Chisinau Recognizes Romanian As Official Language". Consultado o 11 de marzo de 2014. 
  8. "Language policy in the Soviet Union" Grenoble 2003, pp. 89–93
  9. "Article 12 of the Constitution of Pridnestrovskaia Moldavskaia Respublika". www.kspmr.idknet.com. Consultado o 26 de febreiro de 2011. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar