Lingua mingreliana

O mingreliano[2] (მარგალური ნინა, margaluri nina) é unha lingua kartveliana falada no oeste de Xeorxia (nas rexións de Samegrelo e Abkhazia), polo pobo mingreliano. Tamén foi chamada iveriano (en xeorxiano: iveriuli ena) a comezos do século XX. Por mor de que os mingrelianos pasaron máis de mil anos como unha rexión dentro de Xeorxia, o número de falantes está minguando en prol da lingua nacional. A UNESCO considéraa como "definitivamente ameazada".[3]

Mingreliano
მარგალური ნინა
Outros nomes:margaluri nina
Falado en: Xeorxia
Rexións: Samegrelo, Abkhazia
Total de falantes: 500 000 (1989)
Familia: Linguas kartvelianas
 Karto-zan
  Zan
   Mingreliano
Escrita: Alfabetos xeorxianos
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: xmf
Mapa
Status

O mingreliano está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definición de mingreliano, -a no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. UNESCO Interactive Atlas of the World’s Languages in Danger

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar