Lingua marathi

Unha das linguas oficiais da India

A lingua marathi[3] (lang;[4] मराठी Marāṭhī məˈɾaʈʰi) é unha lingua indoaria. É a lingua oficial do estado de Maharashtra, na India, e unha das 23 linguas oficiais da India. No 2001, tiña 73 millóns de falantes, sendo a cuarta lingua con máis falantes da India.[5] Os principais dialectos do marathi son o marathi estándar e o marathi warhadi.[6] Existen outros subdialectos, como o ahirani, o dangi, o vadvali, o samavedi, o khandeshi e o malwani. O marathi estándar é a lingua oficial do estado de Maharashtra.

Marathi
मराठी Marāṭhī'
Pronuncia:məˈɾaʈʰi
Falado en: India
Total de falantes: 72,9 millóns (2007)[1]
Posición: 19
Familia: Indoeuropea
 Indoiraniana
  Indoario
   Indoario do sur
    Maharashtri
     Marathi–Konkani
      Marathi
Escrita: Devanágari (alfabeto marathi)
braille marathi
Modi (histórico)
Estatuto oficial
Lingua oficial de: India India
Códigos de lingua
ISO 639-1: mr
ISO 639-2: mar
ISO 639-3: mar
Mapa
Status

O marathi está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

Notas editar

  1. Nationalencyklopedin "Världens 100 största språk 2007" The World's 100 Largest Languages in 2007
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. "Entrada marathi en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2017. Consultado o 07 de abril de 2017. 
  4. Laurie Bauer, 2007, The Linguistics Student’s Handbook, Edinburgh
  5. "Abstract of Language Strength in India: 2001 Census". Censusindia.gov.in. Consultado o 9 de maio de 2013. 
  6. Dhoṅgaḍe, Rameśa; Wali, Kashi (2009). "Marathi". London Oriental and African language library (John Benjamins Publishing Company) 13: 101, 139. ISBN 9789027238139. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Dicionarios