Lingua maia clásica

O maia clásico foi o membro rexistrado máis antigo da familia de linguas maias. É a lingua principal documentada nas inscricións precolombianas da era clásica da civilización maia.

Maia clásico
Falado en: Iucatán e Guatemala
Extinción: Entre o século IX e XIII
Familia: Maia
 Occidental
  Ch'ol-tzeltal
   Chol
    Chorti
     Maia clásico
Escrita: escrita maia
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: emy
Mapa

Área maia do período clásico e posclásico.
Status

Relacións lingüísticas editar

 
Xenealoxía das linguas maias. O maia clásico podería identificarse como o proto-ch'ol ou "lingua nai común" do ch’ol, o ch’olti’, o ch’orti’ e o maia chontal (azul mariño, no esquema).

O maia clásico é un descendente directo do protomaia (como o son tamén o huasteco e o iucateco) e o devanceiro común da póla cholana das linguas maias. Descendentes contemporáneos do maia clásico inclúen o ch’ol e o ch’orti’. Os falantes contemporáneos do ch’ol e o ch’orti’ poden entender moitas palabras en maia clásico.

Sistema de escrita editar

 
Parte dunhas inscricións en Palenque.
Artigo principal: Escrita maia.

O maia clásico é a principal lingua documentada do sistema de escrita empregado polos maias precolombianos, e está especialmente representada nas inscricións glíficas das rexións de terras baixas do período entre os anos 200 e 900. A escrita maia ten algunhas semellanzas de función (pero non está relacionado) con outros sistemas de escrita logosilábica como a sumerio-acadia cuneiforme, nos cales se emprega unha mestura de sinais logográficos e silábicos (grafemas). O corpus de grafemas da escrita componse dun núcleo de sinais silábicos que reflicten a fonoloxía da lingua maia clásica falada na rexión nese período, que se mesturaron ou complementaron cun maior número de logógrafos. Así, as expresións do maia clásico puideron escribirse nunha variedade de formas, xa sexa como logogramas, ideogramas con complementos fonéticos, logogramas con sílabas, ou utilizando unha combinación puramente silábica. Por exemplo, nun patrón común moitas raíces de verbos e substantivos danse por logógrafos, mentres que os seus afixos gramaticais foron escritos de forma silábica, ó igual que a escrita xaponesa moderna.

Gramática editar

Na súa tipoloxía básica, o maia clásico é verbo-suxeito-obxecto e ergativa, ó igual que as demais linguas maias. Sendo polisintética, emprega tanto o prefixo como o sufixo para amosar a función gramatical. Os substantivos non flexionan por caso ou xénero. Existe tamén unha clase completa de intransitivos que transmiten a posición espacial do obxecto. Ademais, a lingua emprega palabras contables ó cuantificar os substantivos, e utiliza un sistema de numeración vixesimal. Os verbos non se conxugan segundo o tempo, senón que son alterados semanticamente por unha serie de partículas de aspecto.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar