O hakka é unha lingua chinesa falada polo pobo hakka no sur da China, Taiwán, Hong Kong e nas áreas da diáspora de Asia oriental e en todo o mundo. Por mor do seu uso en lugares illados onde a comunicación está limitada, o hakka desenvolveu numerosas variedades e dialectos, falados en diferentes provincias, como Guangdong, Guangxi, Hainan, Fujian, Sichuan, Hunan, Jiangxi e Guizhou, así como en Hong Kong, Taiwán, Singapur, Malaisia e Indonesia. O hakka non é mutuamente inteilixible co cantonés, co wu, co min nam, co mandarín ou outras pólas do chinés, e dentro dela mesma, contén algunhas variedades non intelixibles. Está estreitamente relacionado co gan, e ás veces é clasificado como unha variedade de gan.

Hakka
客家語 / 客家语
Pronuncia:/ˈhækə/
Outros nomes:Hak-kâ-fa
Falado en: República Popular da China, Taiwán e Hong Kong
Total de falantes: 30 millóns (2007)
Posición: 39
Familia: Sino-tibetana
 Sinítica
  Chinés
   Hakka
Escrita: Escrita chinesa, e alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Taiwán (lingua minoritaria)
Regulado por: Non está regulada
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: hak
Mapa
Status

O hakka está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

En Taiwán, onde o hakka é a lingua nativa dunha significativa minoría de residentes, existe un centro de estudo e preservación da lingua.

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Hashimoto, Mantaro J. (2010). The Hakka Dialect: A Linguistic Study of Its Phonology, Syntax and Lexicon. Princeton/Cambridge Studies in Chinese Linguistics 5. Cambridge University Press. ISBN 0-521-13367-X.