Lingua dalecarliana

O elfdaliano ou dalecarliano (övdalsk para os nativos, e älvdalsmål ou älvdalska para os suecos, literalmente, lingua dos elfdalianos). É en realidade un dialecto do conxunto de dialectos que formaban o dalecarliano antigo, unha lingua escandinava propia, da rama escandinava oriental. O dalecarliano antigo era falado no condado ou comarca de Dalecarlia (Dalarna en sueco), hoxe só se fala nos municipios arredor do lago Silia (Silja en sueco) e sobre todo no municipio de Elfdalia (Älvdalen en sueco e Ölvdaln en dalecarliano). Algúns lingüistas (suecos principalmente) considérana un dialecto do sueco, mentres que outros lingüistas escandinavos sosteñen que é unha lingua propia. Os dialectos dalecarlianos mantiveron moitas características gramaticais e fonolóxicas arcaicas, moitas das que aínda son case idénticas ás do norreno - coma por exemplo, o uso da letra eth (Ð,ð), (que chegou a usarse no sueco antigo); mantén a nasalidade das vogais; conservación dos tres xéneros; etc. A pesar de estar clasificada dentro da rama escandinava oriental, mantén certas semellanzas cos dialectos neonoruegueses de Trendelag, o trendés (trøndersk en noruegués), que son clasificados na rama escandinava oriental xunto co neonoruegués ou nynorsk.

Elfdaliano
'Övdalsk'
Outros nomes:Dalecarliano
Falado en: Suecia
Rexións: Dalecarlia (Suecia)
Total de falantes: preto de 4.000
Familia: Indoeuropea
 Xermánica
  Setentrional
   Dalecarliano
    Elfdaliano
     Elfdaliano
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Dalecarlia
Regulado por: Råðdjärum, älvdalska språkrådet
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa

Condado de Elfdalia en Dalecarlia.
Status

O dalecarliano está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar