O cabilo[3] é unha lingua bérber, falada na rexión montañosa do norte de Alxeria coñecida como Cabilia.

Cabilo
taqbayliṯ
Falado en: Alxeria
Rexións: Cabilia
Total de falantes: 5,6 millóns (2012)
Familia: Linguas afroasiáticas
 Linguas bérberes
  Cabilo
Escrita: Alfabeto latino[1], Tifinagh (simbólico)
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: kab
ISO 639-3: kab
Mapa

Area de uso lingüístico do cabilio en Alxeria.
Status

O cabilo está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

É a segunda en orde de falantes con preto de 6 millóns de persoas que a empregan habitualmente, por detrás do tachelhit (chleuh), falado no sur de Marrocos por entre oito e dez millóns de persoas.

O cabilo (taqbaylit), é xunto ó chenoui e o chaoui unha das tres linguas de orixe bérber empregadas en Alxeria.

Notas editar

  1. "Nouria Benghabrit : l'enseignement de Tamazight sera élargi à 10 autres wilayas et bénéficiera de 300 nouveaux postes budgétaires". Rafio Algérienne. la graphie Tifinagh pour le Targui, Latine pour la Kabylie et Arabe pour le M’Zab et les Aurès 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cabilo.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar