O abua é unha lingua do grupo atlántico das linguas níxer-congo falada en Nixeria.

Abua
Falado en: Nixeria
Rexións: Rivers
Total de falantes: 25.000 (1989)
Familia:
 Níxer-congo
  Atlántico-congo
   Benue-congo
    Cross River
     Delta central
      Abua–odual
       Abua
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: abn
Mapa
Status

Distribución xeográfica editar

Fálase nas áreas locais de Degema e Ahoada, en Rivers State, hai unha pequena pero moi próspera comunidade inmigrada en Estados Unidos.

Dialectos editar

O abua distingue catro dialectos: Ogbo, Emughan, Otabha e Okpeden

Escrita editar

A produción escrita en abua é escasa, a maior parte son traducións de obras de tipo relixioso e materiais publicados por lingüistas. Os primeiros materiais son de 1971, Aselemi adibel adinya itugha onu Abuan e Opuru adiri ogbia obra de Ian Gardner e Idumesaro respectivamente. Gardner, un pastor protestante, tamén traduciu en 1978 o Novo Testamento co título de Oobi Oghaaph Ilo Ajizos en 1980 e publicou un dicionario abau-inglés. En 2019 apareceu a tradución de toda a Biblia, obra dun equipo dirixido por Gardner[1][2] so o título de Adinya Ligbia.

Historia editar

Por volta do século XIII o pobo abua emigrou dende as súas aldeas, situadas no actual Camerún, xunto aos efik e aos ibibios, ao territorio que ocupa actualmente.

Notas editar

  1. "Literacy group dedicates 1st Abua holy bible". The Port City News. 7 de xaneiro de 2020. 
  2. "La Bible en abua, un exemple de courage et de persévérance" (PDF). BibleInfo (1:2018): 6–7. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar