Lingua (anatomía)

A lingua é o órgano muscular relacionado co sentido do gusto que fica situado na parte ventra] da boca da maior parte dos animais vertebrados e que serve para "procesar" os alimentos. A lingua participa na formación dos fonemas da fala e é un músculo potente, tanto que chega a ser o músculo máis poderoso de todo o corpo en relación tamaño/forza.

Lingua
Unha lingua humana
Disposición anatómica da lingua
Latín lingua
Arteria arteria lingual, ramo tonsilar da arteria facial, arteria farínxea ascendente
Vea veas linguais
Nervio(s) nervio lingual
Precursor arcos farínxeos, lateral lingual swelling, tubérculo impar
MeSH Tongue

Descrición editar

A lingua está formada esencialmente por músculo esquelético e, nos mamíferos, encóntrase unida á cartilaxe do hioide, á mandíbula e aos procesos estiloides do óso temporal.

Os músculos cos que a lingua está ligada ao cranio denomínanse músculos extrínsecos, e os que forman a propia lingua son os catro pares de músculos intrínsecos responsábeis do movemento e modificacións da forma da lingua durante a mastigación e a deglución.

A parte dorsal da lingua pode dividirse en dúas partes: unha porción oral, que se encontra dentro da cavidade bucal, e unha porción farínxea (terzo posterior da lingua), fronte á parte de tras da orofarinxe. As dúas partes están separadas por un suco en forma de V apuntado cara a atrás (suco terminal).

A superficie dorsal dos dous-terzos anteriores da lingua (parte oral) está revestida de papilas gustativas, e a lingua ten unha aparencia branda e rosada. Hai catro tipos de papilas gustativas: filiformes, funxiformes, valadas e foliadas. Detrás da parte oral da lingua hai de 3 a 14 papilas aliñadas en forma de V en fronte ao sulcus terminalis (suco terminal).

Non hai papilas linguais na parte inferior da lingua, que está revestida cunha membrana mucosa mol que aloxa, no centro, o freo da lingua.

Tampouco hai visíbeis na parte farínxea da lingua (parte posterior), mais presenta unha superficie áspera debido á presenza de folículos linfáticos. Eses folículos denomínase tonsilas linguais.

Todo o relacionado coa lingua é xeralmente denominado lingual, que vén da palabra latina, ou glosal que vén da palabra grega para lingua.

Músculos extrínsecos da lingua editar

Existen catro pares de músculos extrínsecos que axudan ao movemento da lingua e que se insiren en varios ósos da cabeza e pescozo.

Histoloxía editar

A lingua ten unha porción dorsal e unha porción ventral. A porción ventral da lingua non posúe papilas linguais. A porción dorsal ten papilas e unha delas é a papila caliciforme ou papila circunvalada, pois elas teñen valum do lado delas. Aínda na boca (na lingua, fazula) vense os botóns gustativos, responsábeis da percepción do sabor.

A porción da lingua que ten maior riqueza en tecido conxuntivo na submucosa é a ventral, pois a dorsal está en constante contacto co alimento.

Estruturas editar

Papilas funxiformes editar

Son ricas en tecido conxuntivo, mais non teñen valum nin queratina. Posúen moitos botóns gustativos.

Papilas foliáceas editar

Están no bordo lateral mais en pequena cantidade no home [1]. Son similares ás funxiformes pero con epitelio con proxeccións grandes. Presentan botón gustativo e están relacionadas cun tipo de captación de sabor. O epitelio forma proxeccións e teñen moitas glándulas de won Ebner embaixo.

Papilas circunvaladas editar

Papilas filiformes editar

Son ricas en queratina e, canto máis agresiva for a alimentación do animal, máis queratina terá a papila. Posúen moi poucos botóns gustativos.

Papilas caliciformes editar

Posúe un valum do lado. Na parede dese valum e tamén da papila hai presenza de botóns gustativos.

Glándulas editar

Baixo as papilas caliciformes existen glándulas que son ricas na produción dunha secreción moi fluída, que cae no valum e o lava. Ao disolverse o alimento ensucia o valum, toca nas papilas e esas glándulas expulsan a súa secreción. Se non fose esa “limpeza”, o alimento enchería o valum e permanecería o seu sabor, o que impediría sentir o sabor do próximo alimento. Esas glándulas chámanse won Ebner. Os túbulos desa glándula desembocan no valum.

A parede da papila ten botóns gustativos e estes posúen un poro. O alimento entra en contacto con microvilos das células especiais do botón gustativo, e eses captan o sabor. Esas células son nerviosas e terminan en microvilos. Cada botón gustativo está relacionado cun tipo de sabor (sabores ácidos, doces...). Os sabores básicos reúnense e tranfórmanse nun sabor global.

Notas editar

  1. En gran cantidade no coello.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar