Like a Rolling Stone

«Like a Rolling Stone»
de Bob Dylan
Lanzamento 1965, no álbum Highway 61 Revisited
Formato Sinxelo
Gravada 15-16 de xuño de 1965, Columbia Studio A, 7ª Av. 799, Nova York
Xénero musical folk rock
Lingua(s) inglés
Duración 6:09
Discográfica Columbia Records
Produtor(es) Tom Wilson
Escritor(es)
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Like a Rolling Stone" é unha canción de 1965 escrita polo músico e compositor estadounidense Bob Dylan.

Historia editar

Composición editar

As súas letras xorden dun extenso texto que Dylan escribiu en xuño de 1965 cando retornou esgotado dunha xira de Inglaterra. O tema foi descrito como revolucionario na súa combinación de diferentes elementos musicais, o seu espírito xuvenil, o son da voz cínica de Dylan, e a franqueza da pregunta no coro: How does it feel? ("Como se sente?").

Acollida editar

O tema de Dylan estivo bloqueado por Columbia Records porque os seus executivos non confiaban no seu éxito[1] Foi desbloqueado pola compañía despois de permitir que o disc-jockey da discoteca Arthur, popular entre músicos e expertos da industria[2], reproducise unha das tomas gravadas e que os presentes a pedisen repetidamente. Ao día seguinte ducias das radios máis influentes do país estaban a solicitar copias. O 20 de xullo de 1965, "Like a Rolling Stone" foi lanzado como sinxelo, con "Gates of Eden" como cara B. Aínda que moitas emisoras de radio se mostraron reticentes a emitir a canción enteira, a demanda pública obrigou máis tarde a reproducila deste xeito.[3][4]

A pesar da súa duración, a canción converteuse no maior éxito de Dylan da época e mantívose nas listas estadounidenses durante doce semanas, chegando ao número dous, só superada por "Help!» da banda británica The Beatles.[5] O sinxelo alcanzou a súa posición máxima de segundo lugar varias semanas despois de ser lanzado noutros países, como o Canadá, Irlanda, os Países Baixos e o Reino Unido.

Nunha poxa, a letra da canción, obtivo uns 2 millóns de dólares, un récord mundial. Segundo Acclaimed Music, «Like a Rolling Stone» é a canción máis eloxiada da historia.[6] A revista Rolling Stone nomeouna a mellor canción de todos os tempos.[7]

En 1966, Dylan dixo: "Rolling Stone é a mellor canción que escribín".[8]

Créditos editar

Vídeo musical editar

En novembro de 2013, 48 anos despois do lanzamento da canción, o sitio web de Dylan lanzou un vídeo musical oficial de "Like a Rolling Stone".[10] Creado pola axencia dixital Interlude, o vídeo é interactivo e permite aos espectadores usar os seus teclados para ver 16 canles que emiten imaxes en formato de televisión, incluíndo programas de xogos, redes comerciais e reality shows. A xente de cada canle sincroniza os seus beizos coa letra da canción. Todo o vídeo contén 1 hora e 15 minutos de contido e presenta aparicións de personaxes da industria do entretemento.[11] O vídeo presentouse para dar a coñecer o lanzamento dun conxunto de 35 caixas de álbums, Bob Dylan: The Complete Colection, vol. 1, que contén os 35 álbums de estudo oficiais do músico e 11 álbums en directo.[12] O Guinness World Records citou esta como a espera máis longa para un vídeo musical oficial.[13]

Notas editar

  1. EP (2015-06-17). "'Like a rolling stone', medio século dun clásico inmortal". La Opinión de A Coruña. Consultado o 2022-06-26. 
  2. "AmericanHeritage.com / DISCO". web.archive.org. 2010-02-05. Archived from the original on 05 de febreiro de 2010. Consultado o 2022-06-26. 
  3. Marcus & 2005 (3)
  4. Irwin 2008, pp. 79-80
  5. Gill 1998, pp. 82-83
  6. "Acclaimed Music - Top 6000 Songs of All Time". web.archive.org. 2017-07-10. Archived from the original on 10 de xullo de 2017. Consultado o 2022-06-26. 
  7. "Rolling Stone : The RS 500 Greatest Songs of All Time". web.archive.org. 2006-08-15. Archived from the original on 22 de xuño de 2008. Consultado o 2022-06-26. 
  8. "The Meaning of “Like a Rolling Stone” by Bob Dylan". American Songwriter (en inglés). 2022-03-18. Consultado o 2022-06-26. 
  9. "Highway 61 Revisited - Bob Dylan ; Credits" (en inglés). Consultado o 2022-06-26. 
  10. Edwards, Gavin; Edwards, Gavin (2013-11-20). "Inside Bob Dylan's Brilliant 'Like a Rolling Stone' Video". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2022-06-26. 
  11. "Now there's an interactive channel-surfing video for Dylan’s “Like A Rolling Stone”". The A.V. Club (en inglés). 2013-11-19. Consultado o 2022-06-26. 
  12. Edwards, Gavin; Edwards, Gavin (2013-11-20). "Inside Bob Dylan's Brilliant 'Like a Rolling Stone' Video". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2022-06-26. 
  13. "Belated video for Bob Dylan's "Like a Rolling Stone" earns singer world record". Guinness World Records (en inglés). 2013-11-20. Consultado o 2022-06-26. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gill, Andy (1998). Classic Bob Dylan 1962-69: My Back Pages. Carlton. ISBN 3-283-00358-0.
  • Irwin, Colin (2008). Bob Dylan Highway 61 Revisited. Flame Tree Publishing. ISBN 0-8230-8398-5.
  • Marcus, Greil (2005). Like a Rolling Stone: Bob Dylan at the Crossroads. PublicAffairs. ISBN 1-58648-382-X.