Ligadura (cirurxía)

Unha ligadura é o proceso cirúrxico da unión de vasos ou outras estruturas con fíos cirúrxicos.

Ligadura dun vaso roto.

Nos vasos, é un tipo de hemostasia definitiva, ou sexa, interrompe definitivamente o lume da estrutura oca, que pode ser un vaso sanguíneo, pero tamén se utiliza noutras estruturas, como a uretra ou as trompas uterinas, nas que o obxectivo non é necesariamente a interrupción do fluxo sanguíneo.

Outros tipos de hemostasia definitiva son a cauterización, a sutura, a obturación e o tamponamento. A ligadura é un procedemento utilizado no tratamento de hemorraxias agudas por ataque directo ao vaso.

O principio da ligadura atribúese a Galeno, sendo redescuberto máis de 1500 anos po Ambroise Paré e finalmente xeneralizouse en 1870–80, facéndose popular con Jules-Émile Péan.

Desde 1671 a ligadura designa a operación cirúrxica, pero por metonimia o termo designa tamén á mesma unión.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar