Liga de Campións da UEFA 2004-05

A Liga de Campións da UEFA 2004-05 foi a edición número 50 na historia desta competición. Disputouse entre xullo de 2004 e maio de 2005, coa participación inicial de 72 equipos, representantes de 48 federacións nacionais diferentes.

Modelo:Competición deportivaLiga de Campións da UEFA 2004-05
TipoLiga de Campións da UEFA Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
OrganizadorUEFA Editar o valor em Wikidata
Número de participantes32 Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
Intervalo de tempo13 de xullo de 2004 – 25 de maio de 2005 Editar o valor em Wikidata
Número de edición50 Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoLiverpool F.C. (5º) Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos125 Editar o valor em Wikidata
Goles333 Editar o valor em Wikidata
GolRuud van NistelrooyManchester United F.C. (8) Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialuefa.com… Editar o valor em Wikidata

Estadio Atatürk de Istambul, escenario da final da Liga de Campións da UEFA 2004-05.

A fase final da competición deu comezo en setembro de 2004, con 32 equipos competindo polo trofeo que defendía o FC Porto, trala súa vitoria na edición 2003-04. O campión final do torneo foi Liverpool FC, despois de derrotar nos penaltis ao AC Milán na final, disputada o 25 de maio no Estadio Atatürk de Istambul, logo de empatar a 3 goles no tempo regulamentado. Para os ingleses supuxo a súa quinta conquista da máxima competición europea.

Fase de Grupos editar

Eliminatorias editar

Final
Competición Liga de Campións da UEFA
Tempada 2004-05
Estadio Estadio Atatürk (Istambul)
Capacidade 70.024
Campión Liverpool FC
Finalista AC Milán
Resultado 3 - 3 3-2 nos penaltis
 
 
 
 
 
 
Campión


 
 
 
 
 
 
Finalista


 
Aliñacións titulares dos dous equipos na final.
Oitavos de final Cuartos de final Semifinais Final
 22/23 de febreiro - 8/9 de marzo[1]  5/6 de abril - 12/13 de abril  26/27 de abril - 3/4 de maio  17 de maio (Istambul)
                                     
           
   FC Barcelona  2  2
   Chelsea FC  1  4  
   Chelsea FC  4  2
     Bayern Múnic  2  3  
   Bayern Múnic  3  0
   Arsenal FC  1  1  
   Chelsea FC  0  0
     Liverpool FC  0  1  
   Liverpool FC  3  3
   Bayer Leverkusen  1  1  
   Liverpool FC  2  0
     Juventus FC  1  0  
   Real Madrid  1  0
   Juventus FC (pr)  0  2  
   Liverpool FC (p)  3 3  
     AC Milán  3 2  
   Manchester U.  0  0
   AC Milan  1  1  
   AC Milan  2  3[2]
     Inter de Milán  0  0  
   FC Porto  1  1
   Inter de Milán  1  3  
   AC Milán (v)  2  1
     PSV Eindhoven  0  3  
   Werder Bremen  0  2
   Olympique Lyon  3  7  
   Olympique Lyon  1  1 2
     PSV Eindhoven (p)  1  1 4  
   PSV Eindhoven  1  2
   AS Monaco  0  0  

Final editar

O partido final disputouse o 25 de maio, no Estadio Atatürk de Istambul. Os dous equipos que a disputaron, Liverpool FC e AC Milán, eran dous dos grandes dominadores da competición ao longo da súa historia. Ámbolos dous eran os equipos máis laureados dos seus países, con 4 e 6 Copas de Europa respectivamente, antes da disputa do encontro. Esta era a primeira ocasión na que se disputaba unha final da Liga de Campións en Istambul. O AC Milán viña de ser campión de Europa na tempada 2002-03, mentres que o Liverpool FC non sabía o que era iso dende a tempada 1983-84.

O encontro tivo unha metada para cada equipo. Nos primeiros 45 minutos a posesión do balón foi dun 55% a prol do Liverpool FC, pero os goles chegaron a prol do AC Milán. Xa no minuto 1 do encontro o capitán do equipo italiano, Paolo Maldini, no derradeiro encontro da súa carreira, rematou unha falta lanzada por Andrea Pirlo, e acadou o primeiro gol da final. Hernán Crespo fixo os seguintes 2 goles do AC Milán nos minutos 39 e 44, o último deles despois dunha gran xogada individual de Kaká. Cando os dous equipos marcharon ó descanso, o encontro semellaba resolto. Non obstante, na segunda metade o Liverpool FC fixo a remontada en 6 minutos, dende o minuto 54 ó 60, con goles de Steven Gerrard, Vladimir Smicer e Xabi Alonso, e co empate a 3 chegou o final dos 90 minutos. Na prórroga ningún equipo fixo gol, e polo tanto, despois de 120 minutos, a final decidiuse dende o punto de penalti. O AC Milán fallou os seus 2 primeiros lanzamentos, da man de Seginho e Pirlo, mentres que o Liverpool FC anotaba os seus. Na terceira rolda de lanzamentos Tommasson anotou para os italianos, e Riise fallou para os ingleses. A final estaba 2-1 a falta de 2 lanzamentos por cada equipo. Na cuarta rolda nin Kaká nin Smicer fallaron o seu lanzamento. Así pois, só quedaba a derradeira rolda, e comezaba lanzando o AC Milán. Se Shevchenko non metía o seu penalti, o Liverpool FC gañaba a Liga de Campións. Shevchenko tirou, e Dudek, o porteiro do Liverpool FC detivo o balón.

Era a quinta vez que o Liverpool FC gañaba o título de campión de Europa.

Notas editar

  1. O encontro de volta eliminatoria entre Inter de Milán e FC Porto disputóuse o 15 de marzo xa que o Inter comparte o estadio co AC Milan, que tamén xogaba a volta da súa eliminatoria como local.
  2. O encontro de volta da eliminatoria entre Inter de Milán e AC Milán suspendeuse no minuto 73 polo comportamento dos seareiros interistas, con 0:1 no marcador. A UEFA decidiu dar o encontro gañado polo Milan por 0:3.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar