Liexa-Bastogne-Liexa 2017

A 103ª edición da Liexa-Bastogne-Liexa tivo lugar o domingo 23 de abril de 2017 con saída e chegada na cidade de Liexa, logo de pasar pola cidade de Bastoña. O percorrido disputouse sobre unha distancia de 258 quilómetros que contaron con 10 dos famosos "muros".

2016 << Liexa-Bastogne-Liexa 2017 >> 2018
Percorrido da edición.
258 km
Gañador España Alejandro Valverde
Segundo Daniel Martin
Terceiro Polonia Michał Kwiatkowski

Foi o cuarto monumento da tempada ciclista e a décimo oitava carreira do UCI WorldTour 2017.

O veterán ciclista español Alejandro Valverde conseguiu a súa cuarta vitoria na clásica belga atacando a uns centos de metros de meta e tan só 4 días despois de ter gañado a súa quinta Frecha Valoa (cuarta consecutiva). Detrás súa e no podio remataron Dan Martin que tamén finalizara segundo na outra clásica belga das Ardenas e Michał Kwiatkowski que chegou 3 segundos detrás deles.

Muros editar

Nome km Lonxitude (m) Pendente media km a meta
1 Côte de la Roche-en-Ardenne 70 2.800 6,2 % 188
2 Côte de Saint-Roch 116 1.000 11,2 % 142
3 Côte de Pont 168 1.000 10,5 % 90
4 Côte de Bellevaux 172 1.100 6,8 % 86
5 Côte de la ferme Libert 180 1.200 12,1 % 78
6 Col du Rosier 198 4.400 5,9 % 60
7 Côte du Maquisard 211 3.000 5 % 47
8 Côte de La Redoute 222,5 2.000 8,9 % 35,5
9 Côte de la Roche aux faucons 239 1.300 11 % 19
10 Côte de Saint-Nicolas 252,5 1.200 8,6 % 5,5

Equipos editar

Na competición participaron 25 equipos, 18 do UCI WorldTour e 7 da categoría Profesional Continental. Comezaron un total de 200 ciclistas (8 por equipo).

UCI WorldTour editar

Equipo País Código
AG2R La Mondiale   Francia ALM
Astana   Casaquistán AST
Bahrain-Merida   Bahrain TBM
BMC Racing Team   Estados Unidos BMC
Bora-Hansgrohe   Alemaña BOH
Cannondale-Drapac   Estados Unidos CDT
Dimension Data   Suráfrica DDD
FDJ   Francia FDJ
Katusha-Alpecin   Suíza KAT
LottoNL-Jumbo   Países Baixos TLJ
Lotto-Soudal   Bélxica LTS
Movistar Team   España MOV
Orica-Scott   Australia ORS
Quick-Step Floors   Bélxica QST
Team Sky   Reino Unido SKY
Team Sunweb   Alemaña SUN
Trek-Segafredo   Estados Unidos TFS
UAE Emirates   Emiratos Árabes Unidos UAD

Profesional continental editar

Equipo País Código
Aqua Blue Sport   Irlanda ABS
Cofidis   Francia COF
Direct Énergie   Francia DEN
Roompot–Nederlandse Loterij   Países Baixos RNL
Sport Vlaanderen-Baloise   Bélxica SVB
WB-Veranclassic-Aqua Protect   Bélxica WVA
Wanty-Groupe Gobert   Bélxica WGG

Clasificación editar

Pos Ciclista Equipo Tempo
  Alejandro Valverde Movistar Team 6 h 24' 27"
  Daniel Martin Quick-Step Floors m.t.
  Michał Kwiatkowski Team Sky + 3"
  Michael Matthews Team Sunweb m.t.
  Ion Izagirre Bahrain-Merida m.t.
  Romain Bardet AG2R La Mondiale m.t.
  Michael Albasini Orica-Scott m.t.
  Adam Yates Orica-Scott + 7"
  Michael Woods Cannondale-Drapac m.t.
10º   Rafał Majka   Bora-Hansgrohe m.t.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar