Lieiro, Cervo

parroquia civil do concello de Cervo

Santa María de Lieiro é unha parroquia que se localiza no concello de Cervo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.670 habitantes (1.359 mulleres e 1.311 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.713 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 2.362 habitantes, sendo 1.167 homes e 1.195 mulleres. Onda o lugar de San Cibrao está situada unha importante factoría de Alumina-Aluminio, actualmente Alcoa.

Lieiro
vista da vila de San Cibrao
ConcelloCervo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°41′34″N 7°26′44″O / 43.6928, -7.4456Coordenadas: 43°41′34″N 7°26′44″O / 43.6928, -7.4456
Poboación2.375 hab. (2019)
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

Lugares de interese editar

Igrexa de Santa María e a súa reitoral en Lieiro, capela do Guioncho, capela de Santo Andrés e de San Cibrao, pazo de Pedrosa, ponte romana, antigas fábricas de salgadura e Museo do Mar en San Cibrao. Praia do Torno, praia da Caosa, praia de Cubelas e praia de Lieiro.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Lieiro editar

Lugares da parroquia de Lieiro no concello de Cervo (Lugo)

O Castelo | Gondrás | O Guioncho | Lieiro | Pedrosa | San Cibrao | A Venda

Parroquias de Cervo editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Cervo

Castelo (San Xiao) | Cervo (Santa María) | Lieiro (Santa María) | Rúa (Santa María) | San Román de Vilaestrofe (San Román) | Sargadelos (Santiago)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar