Lick é o terceiro álbum da banda estadounidense de rock alternativo The Lemonheads, editado en 1989 polo selo Taang! Records. É o seu último traballo co membro fundador Ben Deily. Debido a un erro tipográfico moitos creron que foi editado no ano 1988, pero realmente apareceu un ano despois. Foi reeditado en CD en 1992 con dous temas extra.

Lick
Álbum de The Lemonheads
Gravación1988
Xénero(s)rock alternativo, punk rock
Selo(s)Taang! Records
Producido porTom Hamilton e Terry Katzman
Cronoloxía
Creator Lick Lovey

Listaxe de cancións editar

Todos os temas por Evan Dando, agás onde se indique.

  1. "Mallo Cup" – 2:12
  2. "Glad I Don't Know" – 1:21
  3. "7 Powers" (Ben Deily) – 2:32
  4. "Circle of One" – 2:49
  5. "Cazzo Di Ferro" (Corey Loog Brennan/Dando) – 3:45
  6. "Anyway" (Deily) – 3:10
  7. "Luka" (Suzanne Vega) – 3:09
  8. "Come Back D.A." – 1:54
  9. "I Am a Rabbit" (Proud Scum) – 1:46
  10. "Sad Girl" – 1:48
  11. "Ever" (Deily) – 2:48