O libro de Xosué (en hebreo, ספר יהושע‎, Sefer Yehoshúa) sexto dos libros da Biblia, tanto na versión xudía como nas cristiás, narra a chegada á Terra Prometida, a conquista e o asentamento do pobo xudeu no que hoxe é Palestina. Toma o seu nome de Xosué, o caudillo carismático e sucesor de Moisés que guía ao pobo nesta etapa da súa historia.

Bíblia dos Jerónimos, frontispicio do volume II, do libro de Xosué

Situación dentro do conxunto da Biblia editar

Na Biblia xudía, Xosué é o primeiro libro dos Profetas anteriores. No división cristiá, sitúase como o primeiro dos Libros históricos. Relaciónase, polo tanto, cos libros posteriores: Xuíces e Samuel, e é obra, coma estes, da escola deuteronomista.

Non falta, porén, quen faga notar a súa íntima conexión co Pentateuco, tanto porque continúa a historia do Éxodo e dálle remate coa chegada á terra prometida, como polo estilo e a presenza de relatos etiolóxicos, orientados a explica-la orixe de algo, propia do Pentateuco. Así hai incluso autores que falan dun Hexateuco, para marca-la íntima relación cos libros anteriores: "os libros que figuran entre a Xénese e o de Xosué constitúen na súa forma actual unha xigantesca obra narrativa que garda unha concatenación entre as súas partes."[1]

Contido editar

O libro abrangue desde a confirmación de Xosué como sucesor de Moisés ata a súa morte.

 
Esteve March, Xosué manda parar o Sol, Ca. 1650-1660

E o seu contido se divide en dúas grandes partes: conquista da terra (preparación da entrada e guerras de conquista) e repartición da terra entre as tribos.

Capítulos Denominación Contido
1 Discurso introdutorio Misión de Xosué
Discurso de Xosúe animando á conquista
2-9 Conquista da Terra Prometida Conquista de Xericó
Guilgal no Xordán
Celebración da Pascua, circuncisión
Conquista de Ai (ruindade de Acán)
Altar no monte Ebal e lectura de Lei
Pacto cos de Gabaón
10-12 Conquistas de Sur e do Norte Batalla contra unha coalición de cidades baixo o mando de Adonisedec
Batalla das augas de Merom contra Hasor
13-22 As partillas da terra conquistada Deslinde dos territorios tribais
Cidades de refuxio e cidades levíticas
Regreso das tribos orientais
23 Discurso de despedida de Xosué Defensa da obra de Xosué e últimas recomendacións
24 Apéndice Alianza de Xequem
Morte e sepultura de Xosué

Autor e época de composición editar

O libro presenta materiais, como tradicións orais propias da tribo de Benxamín, cunha antigüidade difícil de datar, sobre estes materiais primitivos fóronse engadindo novas narracións e discursos que foron conformando o texto que coñecemos. Deste xeito, o libro actual é, basicamente, froito do traballo das catro fontes que tamén conforman o Pentateuco, aínda que predominan as tres primeiras sobre a fonte sacerdotal.

A data de composición máis probable rondaría o século VII a.C.

Notas editar

  1. VON RAD, G. El Libro del Génesis, Ed. Sígueme, Salamanca 1982, pax. 13

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Libro anterior:
Deuteronomio
Xosué
(Libros históricos)
Libro seguinte:
Xuíces