Liberdade de pensamento

A liberdade de pensamento, tamén coñecida como liberdade intelectual, liberdade de conciencia, liberdade ideolóxica ou liberdade de crenza,[1] é a capacidade de cada un, na súa conciencia, de adoptar, manter e cambiar calquera pensamento, opinión, ideoloxía ou crenza; e, no seu caso, manifestalos, o que pasaría a ser obxecto da liberdade de expresión, e no seu eido, da liberdade de cátedra, da liberdade científica e da liberdade artística ou liberdade de creación.[2] Considérase un dos principais dereitos e liberdades; dos considerados dereitos civís e políticos ou dereitos humanos de primeira xeración. Historicamente está vinculada á liberdade relixiosa ou de culto, e á liberdade de opinión ou de prensa.[3]

A liberdade de pensamento restrínxese ou é obxecto de coacción a través de múltiples mecanismos, non só a represión a cargo do poder político, senón tamén a imposición de canons socialmente aceptados de corrección política ou pensamento único, que se interiorizan no propio individuo.

Notas editar

  1. Na formulación da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa: Libertad de pensamiento, conciencia, religión o creencia, Consello Ministerial, Kiev 2013.
  2. Distínguese a "liberdade do artista" (Artistieke vrijheid en neerlandés) da "liberdade da arte" (Vrijheid van kunst en neerlandés, Kunstfreiheit en alemán); artigo 5 da Lei Fundamental para a República Federal de Alemaña (fonte citada en Kunstfreiheit).
  3. Enciclopedia Jurídica - Libertad de pensamiento