Lepidochelys

Lepidochelys kempii

Lepidochelys olivacea
Lepidochelys olivacea

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Testudines
Familia: Cheloniidae
Xénero: Lepidochelys
Fitzinger, 1843
Especies
Ver texto
Sinonimia
  • Cephalochelys Gray, 1873
  • Colpochelys Garman, 1880

Lepidochelys é un xénero de tartarugas mariñas da familia dos quelónidos. Inclúe só dúas especies.[1] A tartaruga mariña pequena (L. kempii) está catalogada como en perigo crítico de extinción[2] e a tartaruga mariña olivácea (L. olivacea) como vulnerable.[3] É o único xénero actual de tartarugas mariñas que ten máis dunha especie.[4] Viven en augas cálidas; L. kempii esencilamente en augas americanas e L. olivacea en augas do Índico e Pacífico, africanas e americanas, e raramente se ven en Europa. Son as tartarugas mariñas máis raras nas costas europeas, especialmente L. olivacea. Os seus rexistros nas costas galegas son moi raros e ás veces inseguros, pero L. kempii está incluída na Lista de réptiles de Galicia. En 1988 citouse a especie L. olivacea como vista en Cangas (Pontevedra), pero algúns autores cren que é unha identificación dubidosa e que debe tratarse de L. kempii.[5]

As Lepidochelys adultas teñen uha lonxitude entre 51 e 71 cm e un peso de 36 a 50 kg, polo que son medianas ou pequenas dentro das tartarugas mariñas. Aliméntanse de cangrexos, peixe, cefalópodos, ameixas e vexetación mariña.

O nome do xénero deriva das palabras gregas lepidos, que significa escama, e chelys, que se traduce por tartaruga. Isto podería facer referencia á cantidade supernumeraria de escudos costais que ten este xénero.[6]

Especies editar

Notas editar

  1. Uetz, P. & Jirí Hošek (ed.). "Lepidochelys". Reptile Database. Reptarium. Consultado o 19 de xaneiro de 2014. 
  2. "Lepidochelys kempii". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 1996. 
  3. "Lepidochelys olivacea". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2008. 
  4. "Marine Turtle Newsletter" - Harold A. Dundee
  5. Pedro Galán Regalado, Gustavo Fernández Arias. Anfibios e réptiles de Galicia. Colección Montes e Fontes. Edicións Xerais de Galicia S.A. 1993. Páxina 282. ISBN 84-7507-722-6.
  6. "Recovery Plan for U.S. Pacific Populations of the Olive Ridley Turtle (Lepidochelys olivacea)" (PDF). Silver Springs, MD: National Marine Fisheries Service. 1998. Consultado o 16 April 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar