Leopoldina Fortunati

Leopoldina Fortunati, nada o 18 de xullo de 1949 en Dolo (provincia de Venecia, Italia),[1] é unha feminista, teórica e autora italiana. Entre as súas influencias están Mariarosa Dalla Costa, Antonio Negri, e Karl Marx.

Infotaula de personaLeopoldina Fortunati
Biografía
Nacemento1949 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Provincia de Venecia, Italia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXénero, feminismo, socioloxía, comunicación e sociologia da cultura (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Udine Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsocióloga , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversity of Udine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É a autora de L'arcano della riproduzione: Casalinghe, prostitute, operai e capitale, unha crítica feminista de Marx.

Leopoldina Fortunati ensina Socioloxía da Comunicación e Socioloxía dos Procesos Culturais na Facultade de Educación da Universidade de Udine, Italia. Realizou unha ampla investigación nos estudos de xénero, os procesos culturais e as tecnoloxías de comunicación e información.

Fortunati é autora de varios libros, entre eles The Arcane of Reproduction (Autonomedia, 1995) e I mostri nell’immaginario (Angeli, 1995), e é a editora de Gli Italiani al telefono (Angeli, 1995) e Telecomunicando in Europa (1998), e xunto a J. Katz e R. Riccini de Mediating the Human Body. Technology, Communication and Fashion (2003). Publicou moitos artigos en xornais como The Information Society, Information, Communication, Society, Réseaux, Trends in communication, Revista de Estudios de Juventud, Widerspruche, Personal and Ubiquitous computing, Gazette. The International Journal for Communication Studies, Sociologia dell'informazione, e Problemi dell'informazione. Os seus traballos foron publicados en nove linguas: chinés, inglés, francés, alemán, italiano, xaponés, coreano, ruso, e español.

É editora asociada do xornal The Information Society,[2] forma parte do consello asesor do xornal New Media and Society, e traballa como crítica no xornal Communication, Information, Society e Journal for the Theory of Social Behaviour. Representa a Italia no COST Comité Técnico para as Humanidades e as Ciencias Sociais e na acción COST A20 "O Impacto de Internet nos Mass Media en Europa". Formou parte do proxecto de investigación europeo SIGIS "Estatexias de Inclusión: Xénero e a Sociedade da Información" e do COST248 "O Futuro das Usuarias/os das Telecomunicacións Europeas" e foi a vicepresidenta de COST269 "Aspectos das Usuarios/os das TIC". É a copresidenta da asociación internacional "A Sociedade para o Estudo Social da Comunicación Móbil" (SSSMC)[3] que pretende facilitar o avance internacional dos estudos interdiciplinares sobre a comunicación móbil. Organizou varios seminarios e conferencias internacionais.

Obra editar

Notas editar

  1. Ficha da autora (en inglés).
  2. "TIS Associate Editors", The Information Society. Consultado o 13 de marzo de 2010.
  3. Members Arquivado 18 de abril de 2009 en Wayback Machine., Sociedade para o Estudo Social da Comunicación Móbil (SSSMC). Consultado o 13 de marzo de 2010

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar