Leonor Urraca de Castela

Leonor Urraca Sánchez de Castela, III condesa de Alburquerque, chamada la Rica Hembra,[1] e tamén coñecida como Leonor de Alburquerque, nada en Castela en 1374 e finada en Medina del Campo en 1435), foi raíña consorte de Aragón, polo seu matrimonio con Fernando I de Aragón.

Infotaula de personaLeonor Urraca de Castela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1374 Editar o valor em Wikidata
Aldeadávila de la Ribera Editar o valor em Wikidata
Morte16 de decembro de 1435 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Medina del Campo Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMedina del Campo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCoroa de Castela Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRaíña consorte de Aragón (1412–1416)
Rainha consorte de Sicília (pt) Traducir (1412–1416) Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Trastámara Editar o valor em Wikidata
CónxuxeFernando I de Aragón (1393 (Gregoriano)–) Editar o valor em Wikidata
FillosAfonso V de Aragón, Leonor de Aragón, Infante Peter, Count of Alburquerque (en) Traducir, Henrique de Trastámara de Aragón, María de Aragón, Xoán II de Aragón, Sancho of Aragon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisSancho Afonso de Castela, Conde de Alburquerque (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Beatriz de Portugal, Condessa de Alburquerque (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLeonor Sánchez de Castilla (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
10 de febreiro de 1414 (Gregoriano)coroación (Zaragoza) Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Trastámara-15 Find a Grave: 133950514 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Armas de Leonor Urraca de Castela.

Filla do infante Sancho de Castela e da infanta Beatriz de Portugal, filla de Pedro I de Portugal e Inés de Castro, era herdeira de ricas terras e propiedades en Castela, A Rioxa e Estremadura.

Ao morir o enfermizo Xoán I o 9 de outubro de 1390, o Consello de Rexencia de Castela abordou a asunto do presunto herdeiro do rei, entre Henrique III de Castela o Doente, nado en outubro de 1379, de once anos, e o seu irmán o infante Fernando, que tiña entón dez anos. Acordouse que o irmán máis novo, o infante Fernando, non puidera contraer matrimonio antes do que o seu irmán, o reì Henrique, alcanzara os catorce anos de idade. Daquela, se lle concederían as prerrogativas políticas e sociais da maioría de idade.

Para superar as diverxencias derivadas do asasinato do rei Pedro I en marzo de 1369 polo seu irmán Henrique, os representantes do clero, a nobreza, o estado dos fidalgos e dos comerciantes, así como os representantes de varias cidades castelás acordaron que Henrique casara coa neta do asasinado Pedro, nacida en Inglaterra de nai castelá e filla do rei Pedro. E en canto o irmán máis vello, Henrique III, cumprira tales requisitos, casaría o seu irmán máis novo, o infante Fernando, cunha esposa boa, honorábel e rica.

Foi entón elixida Leonor, que xa tiña idade para iso por contar con dezaseis anos. Mostrou a súa conformidade ao matrimonio en canto puidera realizarse, xa que o infante Fernando tiña dez anos aínda. Daquela era dona, de pleno dereito, de Haro, Briones, Cerezo de Río Tirón, Vilforado, Ledesma coas cinco vilas, Albuquerque, Codesera, Azagala, Alconchel, Medellín, Alconétar, Villalón por agasallo do seu primo o rei Xoán I de Castela, de Urueña por troco pedido por Xoán I a cambio de cederlle Cea e a súa terra a Ramiro Núñez de Guzmán, de San Felices de los Gallegos, que o rei dera a un dos seus mercenarios nobres, Giral de Torralt, de Villa García, que entregara a Gutier González Quijada, Fuentpudia, dada antes a Xoán Afonso de Baeza, e Montealegre, que dera a Henrique Manuel.

Reinado editar

 
Estatuas xacentes de Fernando I de Aragón (superior) e Leonor (inferior) no Mosteiro de Poblet.

Leonor e o seu esposo (que tomou o nome de Fernando I) foron coroados reis de Aragón en 1412 tras o Compromiso de Caspe. Fernando I de Aragón morreu pouco despois, no ano 1416, aos 36 anos de idade. Leonor, que tiña daquela 42 anos, retirouse a Medina del Campo. En 1421 promulgou o seu «Ordeamento de Ferias» que asinou como «la triste Reyna» por estar naquela época os seus fillos, os infantes de Aragón, prisioneiros dos xenoveses, despois da batalla de Ponza.

O Palacio Real de Medina del Campo, onde naceron o seu esposo Fernando e os seus fillos, foi transformado no Convento de Santa María a Rea . Alí, Leonor Urraca foi testemuña dos enfrontamentos dos seus fillos contra o partido realista encabezado por Álvaro de Luna. Leonor perdeu algunhas das súas posesións en beneficio deste último.

Leonor Urraca faleceu en Medina del Campo o ano 1435. Foi sepultada no Convento de Santa María a Real.

Matrimonio e descendencia editar

En 1394 Leonor, duns vinte anos de idade, casou co seu primo-sobriño Fernando, que daquela tería uns catorce anos. Tiveron sete fillos.

Os fillos nacidos desta unión, os denominados Infantes de Aragón,[1] foron:

Predecesor:
Margarida de Prades
Raíña consorte de Aragón, Mallorca, Valencia e Sicilia
Condesa consorte de Barcelona

14121416
Sucesor:
María de Castela

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Álvarez Palenzuela, V. Á., coord. (2008): Historia de España de la Edad Media.Barcelona: Editorial Ariel. ISBN 978-84-344-6668-5.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar