Leonid Ilich Brezhnev (en ruso: Ru-Leonid Ilich Brezhnev.ogg Леонид Ильич Брежнев ; en ucraíno: Леонід Ілліч Брежнєв), nado o 19 de decembro de 1906 (calendario gregoriano) e finado o 10 de novembro de 1982, foi o Secretario Xeral do Comité Central (CC) do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS), presidindo o país dende 1964 ata a súa morte no ano 1982. Foi o segundo Secretario Xeral que estivo máis tempo no poder, 18 anos, sendo só superado por Stalin. Durante o mandato de Brezhnev, a influencia mundial da Unión Soviética aumentou espectactacularmente, en parte grazas á expansión do exército soviético durante esta época, pero o seu mandato recibiu moitas crítica por marcar o comezo dun período de estancamento económico no cal se pasaron por alto unha serie de problemas económicos, problemas que co tempo provocaron a disolución da Unión Soviética en 1991.

Leonid Brezhnev
Leonid Brezhnev
Brezhnev en 1967

14 de outubro de 1964 – 10 de novembro de 1982
Precedido por Nikita Khrushchev
Sucedido por Iuri Andropov

16 de xuño de 1977 – 10 de novembro de 1982
Precedido por Nikolai Podgornyi
Sucedido por Iuri Andropov

7 de maio de 1960 – 5 de xullo de 1964
Precedido por Kliment Voroshilov
Sucedido por Anastas Mikoyan

16 de novembro de 1964 – 8 de abril de 1966
Precedido por Nikita Khrushchev
Sucedido por Ningún, eliminouse o posto

Membro de pleno dereito do Politburo
22 de xuño de 1963 – 10 de novembro de 1982

27 de febreiro de 1956 – 16 de xuño de 1960

16 de outubro de 1952 – 5 de marzo de 1953

Membro da Secretaría

29 de xuño de 1957 – 10 de novembro de 1982

Candidato membro do Politburo
27 de febreiro de 1956 – 29 de xuño de 1957

16 de outubro de 1952 – 5 de marzo de 1953

Datos persoais
Nacemento 19 de decembro de 1906 Kamenskoe, Yekaterinoslav, Imperio Ruso
Falecemento 10 de novembro de 1982 (75 anos) Moscova, RSFS, Unión Soviética Unión Soviética
Partido Partido Comunista da Unión Soviética
Cónxuxe/s Viktoria Brezhneva
Fillos Galina Brezhneva
Yuri Brezhnev
Profesión Enxeñeiro metalúrxico, funcionario público
Relixión Ateo
Residencia Kutuzovsky Prospekt

Na rede
IMDB: nm0108348 Allocine: 37739
Musicbrainz: a77b02e5-b079-4b65-a8f9-1caee429ea64 WikiTree: Брежнев-1 Find a Grave: 8143 Editar o valor em Wikidata
Sinatura Sinatura de Leonid Brezhnev

Traxectoria editar

Brezhnev naceu en Kamenskoe, nunha familia traballadora rusa. Despois de graduarse na Universidade Metalúrxica de Dniprodzerzhynsk, converteuse nun enxeñeiro metalúrxico na industria do ferro e o aceiro, en Ucraína. Incorporouse ao Komsomol en 1923, e 1929 converteuse nun activo membro do Partido Comunista. Reclútarono no exército durante a segunda guerra mundial e abandonouno en 1946, co rango de Tenente Xeneral. En 1952 Brezhnev converteuse en membro do Comité Central, e en 1964, sucedeu a Nikita Khrushchev como Primeiro Ministro. Alexei Kosygin sucedeu a Khrushchev no seu posto como Presidente do Consello de Ministros. Como líder preocupouse por consultar aos seus compañeiros antes de actuar, pero o seu intento por gobernar sen realizar grandes cambios económicos levou a un decrecemento da economía nacional na década de 1970, un período coñecido como o Estancamento brezhneviano. O aumento no gasto militar, no momento da morte de Brezhnev superaba o 15% do PIB do país, e un liderado ineficaz sentaron as bases para o decrecemento do PIB, en comparación co crecemento dos países occidentais. Mentres estivo á fronte da URSS, Brezhnev impulsou unha política de distensión entre os países do leste e o oeste de Europa. Dirixiu a invasión de Checoslovaquia para tentar rematar coa Primavera de Praga[1], e a súa última decisión de transcendencia foi a de enviar tropas soviéticas para invadir Afganistán, nun intento de salvar o débil goberno que estaba a pelexar contra os muyahidíns.

Brezhnev morreu o 10 de novembro de 1982 e foi rapidamente substituído no seu posto de Secretario Xeral por Yuri Andropov. Brezhnev fomentara o culto á personalidade, aínda que en menos medida que Stalin. Mikhail Gorbachev, que dirixiu a URSS dende 1985 a 1991, criticou o seu legado e dirixiu o proceso de liberalización da Unión Soviética.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar