Leonhart Fuchs, ás veces escrito Leonhard Fuchs,[1] nado en Wemding, preto de Nördlingen, no Ducado de Baviera, o 17 de xaneiro de 1501 e finado en Tubinga o 10 de maio de 1566, foi un médico e botánico alemán.

Infotaula de personaLeonhart Fuchs

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xaneiro de 1501 Editar o valor em Wikidata
Wemding (Ducado de Baviera) Editar o valor em Wikidata
Morte10 de maio de 1566 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Tubinga (Ducado de Württemberg) Editar o valor em Wikidata
Catedrático
1535 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDucado de Baviera Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Ingolstadt (pt) Traducir - medicina (1521–1524)
Universidade de Ingolstadt (pt) Traducir - filosofía (1519–1521)
Universidade de Erfurt (pt) Traducir (1515–1516) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Tubinga (1535–) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmédico , pteridólogo , botánico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Tubinga
Universidade de Ingolstadt (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina, Early New High German (en) Traducir, lingua grega, Medieval Hebrew (en) Traducir e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaL.Fuchs Editar o valor em Wikidata
Para outros significados véxase Fuchs.
Retrato de Fuchs, por Heinrich Füllmaurer (Tubinga, 1541).

Con Hieronymus Bock (coñecido como Hieronymus Tragus ou, simplemente, Tragus), Otto Brunfels e Valerius Cordus, está considerado como un dos pais alemáns da botánica.

Considérase tamén como pioneiro da farmacognosia.

Fuchs foi o fundador do primeiro xardín botánico de Alemaña.

Traxectoria editar

 
Debuxo de Lilium bulbiferum (o lirio alaranxado)
En De historia stirpium commentarii insignes, de Fuchs

Fixo os seus primeiros estudos na escola de Heilbronn e na Marienschule de Erfurt Turinxia, graduándose aos 12 anos como Baccalaureus artium (Bacharel en artes). En 1524 xa é Magister Artium (Mestre en artes). De 1524 a 1526 practicou a medicina en Múnic, alcanzando o título de doutor en medicina en Ingolstadt, en 1524, instándose en Múnic.

Adherido ao protestantismo, dedicou a súa vida ao ensino. En 1526 obtén a cátedra de medicina en Ingolstadt, que ocupa durante tres anos até que foi nomeado médico do margrave Georges de Brandeburgo, en Ansbach. Debido á intolerancia relixiosa debe abandonar a cidade.

Ulrich, duque de Württemberg, chámao en 1535 a Tubinga para que participe na reforma da súa universidade (Universidade de Tubinga) no espírito do humanismo.

Nesta cidade permanece até a súa morte, en 1566.

A influencia dos autores antigos editar

Fuchs estivo influído polos autores gregos e romanos, en particular por Dioscórides, Hipócrater e Galeno. Combateu a hexemonía da escola árabe de Medicina transmitida pola escola médica de Salerno e volve aos autores grecolatinos. Tamén valoraba a experiencia práctica e as plantas medicinais.

Pero nas súas obras interésase dobre todo pola flora alemá e describiu máis de 400 especies do seu país en De historia stirpium commentarii (Basilea, 1542),[2] das que unha trintena non teñen máis que un interese ornamental e non figuraban, por tanto, polas súas aplicacións, na farmacopea. As ilustracións (os debuxos son de Albert Meyer e os gravados de Veit Rudolph Speckle) son polo menos tan precisos que os de Brunfels. Serían reproducidas regularmente por autores posteriores.

No prefacio lamenta a ignorancia da botánica, mesmo entre os médicos. Pero non dubida en criticar tamén aos autores clásicos.

Na súa obra non intenta elaborar unha clasificación, e ordena as plantas seguindo unha orde alfabética. Utiliza, para a nomenclatura, un sistema binomial, pero sen sistematizalo como o faría posteriormente Carl von Linné. Así, en cada capítulo presenta un xénero e subdivídeo en varias partes que tratan sucesivamente dos diferentes nomes que se atribúen á planta, das diferentes especies que compoñen o xénero, das diferenzas morfolóxicas entre estas especies, dos medios onde se encontran, das diversas propiedades a elas atribuídas polos autores antigos e, finalmente, as funcións terapéuticas usadas na súa época.

A utilización do xénero e a especie editar

Os criterios que utilizou Fuchs para delimitar as especies baseábanse non nos órganos de reprodución ou na frutificación, senón na aparencia xeral das flores, a súa cor, o seu olor, no tamaño das follas etc. Cómpre sinalar a importancia da parte consagrada á sinonimia. Esta vai aumentando gradualmente no curso do desenvolvemento da botánica, que marca o progreso desta ciencia, até tal punto que os herbarios que aparecen son máis ben obras de sinonimia máis que obras de botánica descritiva.

Obras principais editar

 
Debuxo de Cannabis sativa (cánabo)
En De historia stirpium commentarii insignes, de Fuchs.
  • Errata recentiorum medicorum (Erros dos médicos recentes) (Hagenau, 1530), foi a súa primeira publicación onde defendía o uso dos simples (herbas medicinais) en lugar dos compostos nocivos con ingredientes arcanos da medicina medieval.
  • De historia stirpium commentarii insignes (Comentarios notábeis da historia das plantas, Basilea, 1542). Nela, Fuchs trata de identificar as plantas descritas por autores clásicos, e outras novas, pero sen facer unha clasificación sistemática natural. Encóntranse neste libro os primeiros informes sobre o millo e os pementos picantes. A obra está baseada principalmente en Dioscórides, e conta con 512 ilustracións de plantas.[3]
  • Eyn Newes hochnutzlichs Büchlin/und Anothomi eynes auffgethonen augs/auch seiner erklärung bewerten purgation/Pflaster/Tollirien/Sälblin pulvern unnd wassern/wie mans machen und brauchen sol (Libro novo de anatomía...), 1539.
  • Alle Kranckheyt der Augen (Todas as enfermidades do ollo), 1539.

Honras editar

Epónimo editar

O misioneiro e botánico francés Charles Plumier, que estivo en Suramérica, dedicoulle o xénero Fuchsia, en 1703, descuberto na illa A Española (actuais Haití e República Dominicana) en 1696 ou 1697, xénero que comprende as plantas ornamentais hoxe coñecidas como fucsias.

Abreviatura editar

A abreviatura L. Fuchs emprégase para indicar a Leonhart Fuchs como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.

Notas editar

  1. Véxase, por exemplo:
    von Sachs, Julius (1890): History of Botany (1530–1860) (Garnsey, Henry E. F. (tradutor). Oxford: Clarendon Press, páx. 13, e
    Vines, Sydney Howard (1913): "Robert Morison 1620–1683 and John Ray 1627–1705" in Makers of British botany. Oliver, Francis Wall (ed.) Cambridge University Press, páx. 9.
  2. Nesta flora describe tamén un milleiro de especies estranxeiras.
  3. Esta obra editouse en castelán en 1557 en Antuerpen co título Historia de yervas, y plantas / de Leonardo Fuchsio Aleman … con los nombres griegos, latinos y españoles. Traduzidos nuevamente en Español por Juan Jarava Medico y Philosopho con sus virtudes y propiedades, y uso de llas, y juntamente con sus figuras pintadas al vivo, Anvers: Por los herederos de Arnaldo Byrcman por J. Lacio, 1557.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar