Leonardo Torres Quevedo

enxeñeiro español

Leonardo Torres Quevedo, nado en Santa Cruz de Iguña, no concello de Molledo (Cantabria) o 28 de decembro de 1852 e finado en Madrid o 18 de decembro de 1936 foi un enxeñeiro de camiños, matemático e inventor español.

Infotaula de personaLeonardo Torres Quevedo

(1921) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1852 Editar o valor em Wikidata
Santa Cruz (España) Editar o valor em Wikidata
Morte18 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Q57771833 Traducir
1928 – 1934
← José Rodríguez CarracidoBlas Cabrera Felipe →
Membro da Asemblea Nacional Consultiva
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930
Vogal da Xunta para Ampliación de Estudos e Investigacións científicas
1907 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEspartinas (1889–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Oficial do Corpo de Enxeñeiros de Camiños]]
Coñecido porSpanish Aerocar, telekino, máquinas de cálculo
Actividade
Campo de traballoAeronáutica, automática, enxeñería e matemática
Ocupacióninventor , enxeñeiro , informático teórico , esperantista , político Editar o valor em Wikidata
EmpregadorJunta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaEsperanto e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoTerceira Guerra Carlista Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLuz Polanco y Navarro
ParentesFrancisco de Asís Cabrero (tío) Editar o valor em Wikidata
Premios
Medalla Echegaray (1918)
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1691089

Traxectoria editar

Torres Quevedo era fillo de Luis Torres Vildósola y Urquijo, enxeñeiro de camiños en Bilbao, onde traballaba como enxeñeiro de ferrocarrís. A familia vivía entre Bilbao e a Montaña cántabra, onde estaba o soar materno. Durante a súa infancia pasou longas tempadas separado dos seus pais debido ás viaxes de traballo e foi coidado polas señoritas de Barrenechea, parentes do seu pai, que o declararon herdeiro dos seus bens, o que lle facilitou a súa futura independencia.

Estudou en Bilbao e París e en 1870 instalouse coa súa familia en Madrid onde iniciou os seus estudos superiores de enxeñería de camiños, que acabaría como cuarto da súa promoción. En 1873 parou os seus estudos para acudir como voluntario á defensa de Bilbao, que fora sitiada polas tropas carlistas durante a Terceira Guerra Carlista.

Comezou a traballar na mesma empresa que o seu pai, mais logo emprendeu unha viaxe por Europa para coñecer os avances científicos. Á volta instalouse en Santander, para pasar a Madrid en 1889.[1] A partir de 1895 presentou os seus primeiros traballos científicos, como "Memoria sobre las máquinas algébricas", "Sur les machines algébriques" (presentado nun congreso en Bordeos) e "Machines a calculer" (na Academia das Ciencias de París).[1]

En 1901 creouse o Laboratorio de Mecánica Aplicada, máis tarde de Automática, do que foi nomeado director. Ese mesmo ano ingresou na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de Madrid, da que sería presidente entre 1928 a 1934. En 1902, presentou unha memoria co anteproxecto dun globo dirixible e en 1903 a patente do telekino.

En 1912 creou o seu primeiro autómata xogador de xadrez e en 1916 inaugurouse o transbordador sobre o río Niágara. Torres Quevedo foi un gran partidario do esperanto.

Finou en Madrid en plena Guerra Civil.[2]

Obra editar

 
O Spanish Aerocar que atravesa as Cataratas do Niágara.
  • Primeiro dirixible español (España), en 1905. A patente foi adquirida pola empresa francesa Astra e algúns exemplares foron mercados polos exércitos francés e inglés e empregados durante a primeira guerra mundial.
  • Patente de dirixible transatlántico (Hispania), en 1918, co enxeñeiro Emilio Herrera Linares. Non se realizou por problemas de financiamento.
  • Dende 1887 realizou diversos transbordadores ou teleféricos con varios sistemas de tracción. O máis coñecido e o Spanish Aerocar, nas cataratas do Niágara, no Canadá, construído en 1916 e que continúa a ser empregado sen que sufrise accidentes mencionables.
  • O telekino (1906), autómata programable que foi o primeiro aparato de radiodirección do mundo.
  • Aplicación das máquinas de cálculo, como El Ajedrecista, presentado na feira de París de 1914.[3]
  • Foi un pioneiro da enxeñería automática, continuando os traballos de Charles Babbage.[4][5]
  • Nos últimos anos presentou inventos para aplicar ao campo da pedagoxía, como máquinas de escribir (patentes n.º 80121, 82369, 86155 y 87428), paxinación marxinal dos manuais (patentes n.º 99176 y 99177) y os punteiros proxectable (patente n.º 116770) e didáctico (patente n.º 117853).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 González Redondo, Francisco A.; González Redondo, Amor (1994). Actas del I Simposio «Leonardo Torres Quevedo: su vida, su tiempo, su obra». Amigos de la Cultura Científica. ISBN 84-87635-11-3. 
  2. "Obituario en el diario ABC de Sevilla". Diario ABC. 2 de xaneiro de 1937. Consultado o 16 de febreiro de 2012. 
  3. Montfort, Nick (2005). Twisty Little Passages: An Approach to Interactive Fiction (en inglés). MIT Press. ISBN 9780262633185. 
  4. Torres Quevedo, Leonardo (1914). "Ensayos sobre Automática. Su definición. Extensión teórica de sus aplicaciones". Revista de la Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales (XII): 391-419. 
  5. González Redondo, Francisco A. "Torres Quevedo, Leonardo (1852-1936)". Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2015. Consultado o 24 de outubro de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar