Leo Kouwenhoven

físico holandés e profesor universitario

Leo Kouwenhoven, nado en Pijnacker (Holanda Meridional) o 10 de decembro de 1963, é un físico dos Países Baixos, coñecido particularmente polas súas investigacións acerca dos fermións de Majorana.[1]

Infotaula de personaLeo Kouwenhoven

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de decembro de 1963 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Pijnacker-Nootdorp, Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Técnica de Delft Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Técnica de Delft Editar o valor em Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoPablo Jarillo Herrero, Ronald Hanson e Ronald Hanson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios


Leo Kouwenhoven no SingularityU The Netherlands Summit, que tivo lugar en Ámsterdam en 2016

Traxectoria editar

Kouwenhoven acadou o grao en Físca Aplicada na Universidade de Tecnoloxía de Delft (TU Delft) en 1988, co proxecto titulado Discovery of quantified conductance in quantum point contacts ("Descuberta de condutancia cuantificada en contactos de puntos cuánticos"). En 1992 doutorouse na mesma universidade co traballo Transport properties of electron-waves and single-charges in semiconductor nanostructures ("Propiedades de transporte de ondas de electróns e cargas únicas en nanoestructuras de semicondutores"). Entre ese ano e 1994 fixo unha estadía de posdoutoramento na Universidade de California Berkeley, baixo a dirección de Paul McEuen. Desde 1999 é profesor de Física na TU Delft e, no curso 2000-2001, foi profesor invitado na Universidade Harvard.[2]

Dirixe o grupo de investigación de transporte cuántico na devandita universidade e tamén é o responsable nos Países Baixos do grupo Solid State Quantum Information Processes.

En abril de 2012 publicou os resultados dos traballos experimentais do grupo de investigación que dirixe na TU Delft, que evidencian fortemente a observación de fermións de Majorana, que non son partículas elementais, senón quasipartículas, grupos de partículas que, en certos aspectos, se comportan como unha única partícula.[3] Estas quasipartículas son moi estables e, xa que logo, ben axeitadas para a construción do coñecido como computador cuántico.[4]

Foi un dos personaxes recoñecidos co Premio Spinoza á investigación, na súa edición de 2007, que se concede no seu país.[5] En 2006 pasou a formar parte da Real Academia Holandesa de Artes e Ciencias (KNAW) e en 2008 da Academia Holandesa de Tecnoloxía e Innovación (ACTI). En 2014 foi elixido membro externo da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.[6]

Traballos significativos editar

Amósase deseguido unha selección de artigos científicos de Leo Kowenhoven, dos máis de dous centenares publicados.[7]

  • "Quantum Dots". En Physics World. Xuño de 1998 (con Charles Marcus).
  • "Shell filling and spin effects in a few electron quantum dot". En Phys. Rev. Letters, 77, 1996, S. 3613-3616 (con Tarucha, S.; Austing, D.; Honda, T.).
  • "A tunable Kondo effect in quantum dots". En Science, 281, 1998, S. 540-544 (con Cronenwett, S.; Oosterkamp, T.).
  • "Single-shot read-out of an individual electron spin in a quantum dot". En Nature, 430, 2004, S. 431-435 (con Elzerman, J; Hanson, R.; Van Beveren, L.).
  • "Electron transport through double quantum dots". En Reviews of Modern Physics, 75, 2003, S. 1-22 (con Van der Wiel, W.; De Franceschi, S.; Elzerman, J.)
  • "Few-electron quantum dots". En Reports on Progress in Physics, 64, 2001, S. 701-736 (con Austing, D.; Tarucha, S.).
  • "The Kondo effect in the unitary limit". En Science, 289, 2000, S. 2105-2108 (con Van der Wiel, W.; De Franceschi, S.; Fujisawa, T.).
  • "Spins in few-electron quantum dots". En Reviews of Modern Physics, 79, 2007, S. 1217-1265 (con Hanson, R.; Petta, J.).
  • "Driven coherent oscillations of a single electron spin in a quantum dot". En Nature, 442, 2006, S. 766-771 (con Koppens, F.; Buizert, C.; Tielrooij, K.).
  • "Microwave spectroscopy of a quantum-dot molecule". En Nature, 395, 1998, S. 873-876 (con Oosterkam, H.; Tujisawa, T.; Van der Wiel, W.).
  • Quantum Computing with Electron Spins in Quantum Dots, Cornell University Library, 2002 (con Vandersypen, L.; et al.).

Notas editar

  1. "Leo Kouwenhoven. Principal Researcher". En Microsoft Research (en inglés)
  2. Currículo de Leo Kouwenhoven Arquivado 27 de abril de 2019 en Wayback Machine.. En TU Delft. (En inglés)
  3. "Nanoscientists find long-sought Majorana particle Arquivado 05 de novembro de 2018 en Wayback Machine.". TU Delft. 12 de abril de 2012. (En inglés)
  4. Robert F. Service. "Physicists Discover New Type of Particle - Sort Of". En Science, 12 de abril de 2012. (En inglés)
  5. "Physicist, Delft University of Technology, Spinoza Laureate 2007 Arquivado 10 de abril de 2017 en Wayback Machine.". En Nwo.nl. (En inglés)
  6. Leo P. Kouwenhoven. Member Directory. National Academy of Sciences. (En inglés)
  7. Publications Arquivado 10 de abril de 2017 en Wayback Machine.. Leo Kouwenhoven's Lab in the Quantum Transport Group. (En inglés)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar