Leland Stanford

político estadounidense

Amasa Leland Stanford, nado en Watervliet o 9 de marzo de 1824 e finado en Palo Alto o 21 de xuño de 1893, foi un magnate, avogado e político estadounidense, lembrado por ser o fundador, xunto coa súa esposa Jane, da prestixiosa Universidade Stanford. Emigrou dende Nova York en 1852 para participar na febre do ouro de California, onde se converteu nun comerciante e almacenista de éxito, grazas ao cal foi construíndo un imperio empresarial. Foi gobernador de California durante dous anos entre 1861 e 1863 e despois exerceu durante oito anos como senador do estado. Como presidente dos ferrocarrís Southern Pacific e Central Pacific, gozou de enorme poder na rexión e un impacto duradeiro en California.[1][2][3][4][5]

Leland Stanford
Nacemento9 de marzo de 1824
Lugar de nacementoWatervliet
Falecemento21 de xuño de 1893
Lugar de falecementoPalo Alto
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoStanford Mausoleum
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterCazenovia College e Clinton Liberal Institute
Ocupaciónpolítico e empresario
CónxuxeJane Lathrop Stanford
FillosLeland, II Stanford
IrmánsCharles Stanford (politician), Thomas Welton Stanford e Josiah Stanford
PremiosSalón da Fama de California
Na rede
WikiTree: Stanford-737 Find a Grave: 972 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Stanford naceu en Watervliet en 1824, agora parte da cidade de Colonie. Foi un dos oito fillos de Josias e Elizabeth Phillips Stanford. O pai de Stanford era un agricultor de economía media. Asistiu á escola común ata 1840 e foi educado na súa casa ata 1839. Asistiu ao Clinton Liberal Ins., e estudou dereito no Seminario Cazenovia en Cazenovia, Nova York entre 1841-45. En 1845 incorporouse á firma de avogados de Wheaton, Doolittle & Hadley en Albany.

O 30 de setembro de 1850 casou con Jane Lathrop en Albany. Ela era a filla de Dyer Lathrop, un comerciante desa cidade, e de Jane Anne (Shields) Lathrop.[6] A parella non tivo fillos durante anos, ata o nacemento do seu único fillo, Leland DeWitt Stanford, nado en 1868, cando o seu pai tiña corenta e catro anos.[7]

Negocios editar

En 1852, Stanford trasladouse a California durante a febre do ouro. Stanford foi candidato sen éxito a gobernador de California en 1859.

Como un do "Catro Grandes" (Big Four, en inglés) magnates do ferrocarril, cofundou o 28 de xuño de 1861, o Central Pacific Railroad, do que foi elixido presidente. Os seus membros foron Charles Crocker, Mark Hopkins e Collis P. Huntington. En 1861 foi nomeado de novo como gobernador de California, e esta vez foi elixido.

Como presidente do Central Pacific, dirixiu a construción sobre as montañas, realizando 530 millas en 293 días. En maio de 1868 asociáronse con Lloyd Tevis, Darius Ogden Mills, HD Bacon, Hopkins e Crocker para a creación da Pacific Union Express Company, que se fusionou en 1870 con Wells Fargo & Company.[8] Como xefe da empresa ferroviaria que construíu a liña do primeiro ferrocarril transcontinental dos Estados Unidos, sobre Serra Nevada, Stanford realizou a cerimonia de colocación do "remache de ouro" (Golden Spike) en Promontory (Utah), o 10 de maio de 1869.

En 1868, Stanford e os seus socios adquiriron o control do Southern Pacific, do que foi presidente. Tamén foi director de Wells Fargo & Company de 1870 a xaneiro de 1884.

Stanford mudouse a San Francisco en 1874, cando se converteu en presidente da Occidental & Oriental Steamship Company, a liña de barcos de vapor ao Xapón e a China asociada coa Central Pacific.[9]

A Southern Pacific Company foi organizada en 1884 como un holding para as sociedades Central Pacific-Southern Pacific. Stanford foi presidente da Southern Pacific Company dende 1885 ata 1890, cando se viu obrigado a abandonar o cargo e a presidencia da Southern Pacific Railroad, por Huntington en vinganza pola elección ao Senado de Stanford en 1885. Stanford foi elixido presidente do comité executivo da Southern Pacific Railroad en 1890, e estivo neste posto e a presidencia do Central Pacific Railroad ata a súa morte.[10]

Stanford tivo dúas adegas, a Leland Stanford Winery, fundada en 1869, e o terreo de 220 km² Great Vina, no condado de Tehama. Tamén posuía unha mansión en Sacramento, California, e unha residencia no barrio de Nob Hill en San Francisco. A súa residencia en Sacramento foi declarada Parque Histórico Estatal da Mansión de Leland Stanford.

Naquela época comprou 650 hectáreas de terreo coa fin de construír unha enorme granxa de cabalos, á que chamou Palo Alto Stock Farm. Máis tarde adquiriu as propiedades lindeiras, chegando a xuntar máis de 8000 hectáreas en total. A pequena cidade que ía emerxendo tomou o nome de Palo Alto por conta dunha gran sequoia que había na zona, xunto ao regato de San Francisquito.

Universidade Stanford editar

 
Leland Stanford, por Jean-Louis-Ernest Meissonier, 1881, Museo Stanford.

Stanford e a súa dona, Jane, tiveron un fillo, Leland Stanford Junior, que morreu de febre tifoidea con quince anos, en 1884, cando a familia estaba de viaxe por Italia. Poucas semanas despois da súa morte, os Stanford decidiron que, debido a que xa non podían facer nada polo seu propio fillo, "os fillos de California serán os nosos fillos". E rapidamente dispuxéronse a atopar un xeito duradeiro para lembrar e honrar a memoria do seu amado e defunto fillo.

Barallaron varias posibilidades, como un museo ou unha escola técnica, pero ao final decidíronse por unha universidade en California (aínda que, finalmente, tamén crearon un museo). Si que é certo que visitaron o presidente da Universidade Harvard, naquel momento Charles William Eliot, pero foi unicamente para recibir consellos e recomendacións á hora de iniciar o proxecto. A verdade é que estiveron reunidos tamén co director da Universidade Cornell de Nova York, cos responsables do MIT (o Instituto Tecnolóxico de Massachusetts) e co director da Universidade Johns Hopkins, en Baltimore. De todos eles levaron ideas para fundar a súa institución, e a Universidade Stanford abriu as súas portas o 1 de outubro de 1891. Realmente, o seu nome orixinal é Universidade Leland Stanford Junior.

Notas editar

  1. Tuterow, Norman E. The governor: the life and legacy of Leland Stanford, a California colossus, Volume 2. (2004: Arthur H. Clark Co.2004) páxina 1146.
  2. Carlisle, Rodney P. (editor). Handbook to Life in America, Vol. 4. (abril de 2009: Facts on File) páxina 8.
  3. Cummings, Bruce. "Dominion from Sea to Sea: Pacific Ascendancy and American Power." (2009: Yale University Press.) páxina 672.
  4. Lindsay, David. Madness in the Making. (2005: Universe.) páxina 214.
  5. Goethals, George R. et al. Encyclopedia of Leadership, Vol. I. (2004: Sage Publications.) páxina 897.
  6. Dictionary of American Biography, Vol. XVII, p. 502.
  7. "Jane Stanford: The woman behind St". Stanford University. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2016. Consultado o 14 de xuño de 2016. 
  8. Noel M. Loomis, Wells Fargo, pp. 199-200. Nova York: Clarkson N. Potter, Inc., 1968.
  9. The National Cyclopaedia of American Biography, Vol. II, p. 129. New York: James T. White & Company, 1899. Reprint of 1891 edition.
  10. Dictionary of American Biography, Vol. XVII, pp. 503, 504.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar