A lei de Brugmann (1876) publicada na súa obra Grundriss der indogermanischen Sprachen consigna a evolución fonética da vogal PIE *o no grupo indoiranio segundo o seguinte esquema:

PIE *o apofónico (non alternante) > [a] longo en sílaba aberta - [a] breve en sílaba pechada.

ex: PIE *gónu > grego: gonu, sánscrito: janu

  • Emenda de Kleinhans - 1900 - (contestado): a lei de Brugmann non é válida para *o despois de [r], [l], [m] e [n].
  • Emenda de Kuryłowicz - 1927 - : a lei de Brugmann debe aplicarse antes da caída das laringais antevocálicas.
  • Emenda de Lehmann - 1952 -: a lei de Brugmann non é válida para *o despois de [r], [l], [m], [n], [i] e [y].

Véxase tamén editar

Outros artigos editar