Lei, no sentido xurídico, é unha regra da conduta humana que é imposta e administrada ós cidadáns polo Estado. En sentido estrito, é unha norma escrita que obriga a todos indistintamente, e a súa aplicación é tarefa do Estado, que a realiza mediante os seus diversos representantes, a comezar polo goberno, cos seus varios axentes. Nun Estado democrático de dereito, as leis son a base do Dereito.

Lei federal sobre a propiedade literaria e artística de Suíza de 1883 publicada no diario oficial.

Formas de interpretación das leis (escritas) editar

Para que se cumpra unha lei, fiscalizar o seu cumprimento ou punir o seu non-cumprimento, é preciso interpretar, entender, o que esta lei significa.

As formas de interpretación das leis son as seguintes (nota - unha forma de interpretación non exclúe a outra, e tamén non hai unha que sexa máis importante do que a outra):

  • Interpretación literal - busca o sentido preciso, literal, das palabras usadas no texto da lei. Non acepta limitacións ou extensións doutros sentidos que non aparezan de xeito literal no texto legal.
  • Interpretación histórica - busca o sentido que algunhas palabras tiñan cando se creou unha lei. Por exemplo: na frase "todos os homes son iguais perante a lei", a palabra homes non quer dicir que soamente os cidadáns de sexo masculino sexan iguais perante a lei, pero si o sentido histórico da palabra home abrangue todas as persoas, independentes de xénero. Non se pode, nese caso, interpretarse literalmente.
  • Interpretación sistemática - analiza as leis de acordo co Dereito na súa totalidade (sistema xurídico), confrontándoas con outras normas, con principios e con valores prestixiados polo Estado, no momento de aplicalas. Como exemplo, adoptado polo poder xudicial brasileiro: para determinar se procede a redución da pena dun condenado, pódese considerar se o mesmo cooperou coa elucidación doutros crimes, se tivo bo comportamento na cadea, ou se traballou na prisión (son valores que non están expresos nas leis penais, pero que son considerados polos xuíces para aplicar un beneficio previsto nas leis penais brasileiras, neste caso).
  • Interpretación teleolóxica (ou finalística) - busca o fin social da lei, e é a máis incentivada no Dereito brasileiro, conforme o artigo 5º da Lei de Introdución ó Código Civil (LICC): "na aplicación da lei, o xuíz atenderá ós fins sociais a que ela se dirixe e ás esixencias do ben común".

Principio da publicidade da lei editar

 
Os diarios oficiais divulgan a lexislación e demais normas xurídicas. Imaxe da cabeceira do diario oficial do Gran Ducado de Luxemburgo.

"Ninguén pode escusarse de cumprir a lei, alegando que non a coñece". Caso ese principio non existise, as leis serían probablemente inoperantes, pois bastaría que os reos alegasen descoñecer unha lei para esquivárense de cumprila. Ese principio é, comprensibelmente, un precepto legal en todo o mundo civilizado. A ignorancia ou a mala interpretación da lei non xustifica a falta do seu cumprimento nin exime as persoas das sancións nelas estabelecidas.

Vixencia e revogación dunha lei editar

Unha lei debe ser aplicada ata que sexa revogada ou modificada por outra. A revogación pode ser total (abrogación: a lei anterior é totalmente substituída pola nova), ou parcial (derrogación: parte da anterior permanece en vigor).

En principio, as leis comezan a teren vigor para lexislar sobre casos futuros, e non pasados. Así, a aplicación das leis debe observar tres límites, que teñen como obxectivo aumentar a seguranza xurídica da sociedade:

  • acto xurídico perfecto - é o que xa produciu efectos segundo a lei vixente ó tempo en que se efectuou. Por exemplo: un contrato que seguiu regras dunha lei xa revogada, pero que produciu todos os seus efectos para os contratantes e contratados cando a lei antiga estaba en vigor, non pode ser contestado baixo unha lei posterior.
  • dereitos adquiridos - son aqueles cuxos titulares adquiriron cando unha lei anterior vixía. Por exemplo: se unha lei deu exención de imposto a algúns contribuíntes, e outra posterior revogou esta exención, aqueles contribuíntes beneficiados non poden ser cobrados con referencia ó período en que a lei anterior estaba en vigor.
  • cousa xulgada (caso xulgado) - decisión xudicial baixo o cal non cabe máis recurso, en especial cando é unha decisión que garante un dereito a unha persoa ou unha colectividade.
    Con todo, cando se trata dunha decisión xudicial que aplica unha punición, en xeral nos países adoptase como regra que unha lei que reduza a pena dun crime beneficia o reo que estaba condenado por unha lei anterior.
     
    As constitucións son a norma xurídica superior nos sistemas políticos. Na fotografía un exemplar da constitución letoa.

Xerarquía de leis editar

Nos Estados que adoptan constitucións escritas, as leis presentan unha xerarquía (unha orde de importancia), na cal as de menor grao deben obedecer ás de maior grao. En grao superior a todas está a Constitución do país, a cal todas as outras leis deben seguir, para que non sexan consideradas inconstitucionais, e, así, deixen de ter eficacia.