Lee Morin

astronauta estadounidense

Lee Miller Emile Morin, nado en Manchester, Nova Hampshire, o 9 de setembro de 1952, é un astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-110.[1]

Lee Morin
Datos persoais
Nacemento9 de setembro de 1952
LugarManchester
Actividade
MisiónsSTS-110
Tempo no espazo10,82 días
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Morin graduouse en matemáticas e ciencias eléctricas pola Universidade de Nova Hampshire en 1974. É máster en bioquímica pola Universidade de Nova York en 1978 e ten un doutoramento en medicina, así como un grao en microbioloxía, pola Universidade de Nova York en 1981 e 1982 respectivamente. Tamén ten un máster en saúde pública pola Universidade de Alabama en Birmingham en 1998.[1]

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en abril de 1996, participando na misión STS-110 e pasando un total de 10,82 días no espazo.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Morin, Lee Miller Emile" (en inglés). Consultado o 22 de setembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar