Lazarillo de Tormes

A vida de Lazarillo de Tormes; e das súas fortunas e adversidades[1] (orixinal en castelán La vida de Lazarillo de Tormes y de sus fortunas y adversidades), coñecida popularmente como Lazarillo de Tormes, é unha novela da literatura española de autoría anónima. Foi escrita en primeira persoa e encádrase no estilo epistolar (como unha soa e longa carta), cuxas edicións máis antigas das que se ten constancia datan de 1554.

Lazarillo de Tormes
Autor/avalor descoñecido
OrixeEspaña
Lingualingua castelá
Xénero(s)novela picaresca
Data de pub.1554
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Conta de forma autobiográfica a vida dun neno, Lázaro de Tormes, no século XVI, dende a súa nacenza, pasando pola súa infancia miserable e a súa voda, até a idade adulta. É unha obra precursora da novela picaresca​ por elementos tales como o realismo, a narración en primeira persoa, a estrutura itinerante, o servizo a varios amos e a ideoloxía moralizante e pesimista.

O Lazarillo de Tormes é un bosquexo irónico e desapiadado da sociedade da época, da cal amosa amosa os seus vicios e comportamentos hipócritas, sobre todo os dos cregos e relixiosos. Hai diferentes hipóteses acerca da autoría: probablemente o autor simpatizase cos postulados de Erasmo. Isto motivou que a Inquisición a prohibise e que, máis tarde, permitise a súa publicación pero expurgada. A obra no volveu ser publicada integramente até o século XIX.

 

Tradución ao galego editar

Os seus tradutores foron Pablo Cano, Iván Enríquez e Iria Sobrino a partir do texto fixado no orixinal castelán por Alfredo Rodríguez[2].

A súa publicación en 2019, nunha edición bilingüe galego-castelán, foi posibles grazas á colaboración entre o grupo de investigación de Didáctica das Linguas e Culturas da Universidade da Coruña co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar