Lauro Olmo Enciso

arqueólogo español

Lauro Olmo Enciso, nado en Madrid o 6 de xuño de 1955[1], é un arqueólogo español, fillo do dramaturgo galego Lauro Olmo Gallego.

Lauro Olmo Enciso
Nacemento6 de xuño de 1955
Lugar de nacementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Autónoma de Madrid
Ocupaciónarqueólogo e profesor universitario
PaiLauro Olmo Gallego
NaiPilar Enciso
Na rede
Dialnet: 28924
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou Xeografía e Historia na Universidade Autónoma de Madrid (UAM). É profesor titular de arqueoloxía na Universidade de Alcalá, aínda que tamén impartiu clases na Universidade Complutense de Madrid e na UAM. Foi investigador visitante en Harvard cunha bolsa Fulbright, así como na Università di Siena.

Investigou a cidade visigoda de Recópolis (Zorita de los Canes, provincia de Guadalaxara), como director científico. Tamén foi director científico nas escavacións de Vega Baja (Toledo).

Obra editar

  • Recópolis y la ciudad en época visigoda, Zona arqueológica. Madrid. 2008.
  • Recópolis. Un paseo por la ciudad visigoda. (Catálogo da exposición: Recópolis. Un paseo por la ciudad visigoda. Madrid (2006)
  • Teoría e Historia de la Restauración, (coautor), Madrid, 1997.

Notas editar

  1. Berenguer, Ángel (1984). "Cronobiografía". La camisa. El cuarto poder (PDF). p. 12-21.