Laurent Fignon

ciclista profesional francés

Laurent Fignon, nado o 12 de agosto de 1960 e finado o 31 de agosto de 2010,[1] foi un ciclista francés, vencedor do Tour de Francia en dúas ocasións.

Laurent Fignon
Nome completoLaurent Patrick Fignon
Nacemento12 de agosto de 1960
Lugar de nacemento18.º arrondissement de Paris
Falecemento31 de agosto de 2010
Lugar de falecemento13.º arrondissement de Paris
Causacancro de pulmón
SoterradoCrématorium-columbarium du Père-Lachaise
NacionalidadeFrancia
Alma máterUniversidade Sorbonne Paris Nord
Ocupaciónciclista e escritor
Na rede
IMDB: nm1426592 Find a Grave: 57962060 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira profesional de moi novo, obtendo xa a súa primeira vitoria en 1982 no Critérium Internacional. En 1983, foi un dos grandes apoios de Bernard Hinault na Vuelta Ciclista a España na súa loita contra Alberto Fernández, Álvaro Pino e Julián Gorospe. Acabou na 7ª posición. Esa mesma tempada, aos 22 anos, gañaba o Tour de Francia sendo o gañador máis novo dende 1933. Ao ano seguinte (1984) batería a Bernard Hinault de xeito contundente en todos os terreos con cinco vitorias parciais. Anteriormente, ficara segundo no Giro de Italia tras Francesco Moser, vencendo nunha tirada e obtendo o Gran Premio da Montaña.

En 1985 unha lesión no xeonllo impediulle disputar o Tour. Ao ano seguinte, quixo retornar ao máximo nivel comezando pola Vuelta Ciclista a España, pero o ritmo imposto polo duelo entre Robert Millar e Álvaro Pino na montaña freou as súas arelas tendo que conformarse cun sétimo posto. Ese ano gañara a Frecha Valoa.

En 1987 gañou unha tirada no Tour de Francia pero tampouco conseguiu adaptarse ao ritmo derivado da loita entre Stephen Roche e Pedro Delgado, quedando relegado a un digno sétimo posto. Esa tempada disputara tamén a Vuelta a España quedando terceiro tras Luis Herrera e Reimund Dietzen e por diante de Pedro Delgado. En 1988 gañou a Milán-San Remo.

En 1989 gañaba o Giro de Italia e anunciábase o seu retorno ao cume mundial. Dominou o Tour de Francia, pero unha actuación excepcional de Greg Lemond na crono final deixouno a oito segundos de repetir triunfo. A máis curta diferenza da historia da carreira francesa. Con todo, outras vitorias como a Milán-San Remo ou o Gran Premio das Nacións dese ano permitíronlle arrebatar ao máximo especialista en clásicas Sean Kelly o número un da clasificación mundial.

En 1990 gañou o Critérium Internacional. Fignon sería sexto no Tour de 1991 e en 1992 gañaría a súa derradeira etapa na rolda francesa ficando nunha discreta 23ª praza.

Traballou como comentarista deportivo ata que un cancro de páncreas acabou coa súa vida aos 50 anos de idade.

Notas editar