Laureano Gómez Paratcha

médico e político galego

Laureano Gómez Paratcha, nado en Vilagarcía de Arousa o 30 de agosto de 1884 e finado en Barcelona o 9 de abril de 1968, foi un médico e político galego.

Laureano Gómez Paratcha
Nacemento30 de agosto de 1884
Lugar de nacementoVilagarcía de Arousa
Falecemento9 de abril de 1968
Lugar de falecementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e político
IrmánsVicente Gómez Paratcha
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fixo o bacharelato en Vilagarcía e a carreira de Medicina. Retornou a Vilagarcía instalou un consultorio na praza de Ravella en 1910 e foi médico de cabeceira da familia Calderón, á que acompañou en varias viaxes fóra de España. En París fíxose coa fórmula 606, un medicamento para a sífilis que comercializou como Salvarsán. Foi bibliotecario do Centro Recreativo e vicepresidente do Nuevo Club. Formou parte da Juventud de Defensa, foi membro das Irmandades da Fala e alcalde de Vilagarcía de Arousa entre o 1 de abril de 1922 e o 11 de abril de 1923.[1] Despois instalouse en Madrid. Membro da Federación Republicana Gallega, foi un dos seus representantes no pacto de Barrantes. Foi elixido deputado a Cortes pola provincia de Pontevedra nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. En xaneiro de 1932 foi elixido vicepresidente do Congreso, en substitución de Salvador de Madariaga, e permaneceu no posto a disolución da Cámara en outubro de 1933. Foi nomeado ministro de Industria e Comercio entre o 12 de setembro e o 8 de outubro de 1933 no goberno presidido por Alejandro Lerroux.

Presentouse ás eleccións a Cortes de 1933 pero non foi elixido. Foi un dos asistentes á asemblea fundacional de Izquierda Republicana celebrada en Madrid en abril de 1934. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e desterrado a Verín, onde foi novamente detido o 11 de setembro. Sometido a un consello de guerra en Ourense o 23 dese mes, foi condenado a doce anos de cadea. Cumpriu condena nas prisións de Burgos, Valladolid e na Prisión Provincial de Ourense. Concedéronlle a liberdade condicional en maio de 1941.[2] Tras ser liberado en 1951 trasladouse a Buenos Aires onde permaneceu só un ano, regresando despois a España.


Predecesor:
Valentín Viqueira Torrente
  
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
 
1922 - 1923
Sucesor:
Enrique Rodríguez Lafuente
Predecesor:
José Franchy Roca
  
Ministro de Industria e Comercio
 
1933
Sucesor:
Félix Gordón Ordás

Recoñecementos editar

Foi nomeado fillo predilecto de Vilagarcía de Arousa en 2017.

Vida persoal editar

Casou con Ángela Alcaraz Miranda en 1907.[3]

Notas editar

  1. "El médico que tenía la fórmula 606", La Voz de Galicia, Arousa, 1-12-2013, p. 15.
  2. BOE, 6-6-1941, p. 4082.
  3. Galicia Nueva, 10-11-1907, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar