Latas de sopa Campbell

Obra de Andy Warhol

Latas de sopa Campbell (en inglés: Campbell's Soup Cans), tamén coñecida como 32 latas de sopa Campbell,[1] é unha obra de arte producida en 1962 polo artista estadounidense Andy Warhol. Consiste en trinta e dous lenzos, cada un de 50,8 cm de altura e 40,6 cm de largura, nos que hai pintada unha lata de sopa Campbell que reproduce tódalas variedades de sopa enlatada que a compañía ofrecía daquela.[2] As pinturas individuais foron realizadas cun proceso semimecanizado de serigrafía. O apoio de Campbell's Soup Cans respecto dos temas da cultura popular axudou á arte pop a converterse nun movemento artístico de transcendencia.

Latas de sopa Campbell
ArtistaAndy Warhol
Data1962
TécnicaPintura de polímero sintético sobre lenzo
Dimensións50,8 cm × 40,6 cm
LocalizaciónMuseo de Arte Moderna (Nova York)

Para Warhol, un ilustrador comercial que se convertería nun autor de éxito, pintor e director de cinema, esta obra supuxo a súa primeira exposición individual nunha galería de arte como artista profesional.[3][4] A obra, exposta por vez primeira na Galería Ferus de Os Ánxeles, marcou o comezo da arte pop na costa oeste dos Estados Unidos.[5] Ó comezo, a mestura do proceso semimecanizado, o estilo e o tema comercial provocaron anoxo, xa que o evidente comercialismo mundano representaba unha aldraxa directa á técnica e filosofía do expresionismo abstracto, un movemento artístico que foi dominante durante o período posterior á segunda guerra mundial e que se aferrabaa, non só ós valores e á estética das «Belas Artes», senón tamén a unha inclinación mística. Esta controversia conducíu a un gran debate sobre a ética e os méritos que supoñían este traballo. Os motivos de Warhol como artista foron postos en cuestión, e continúan a día de hoxe. A gran conmoción pública axudar a transformar a Warhol dende un experimentado ilustrador comercial dos anos 1950 a un notable artista de belas artes, e distinguíuno doutros artistas pop emerxentes. Aínda que a demanda comercial polas súas pinturas no foi immediata, a relación de Warhol co tema fixo que o seu nome se convertese en sinónimo das pinturas de Latas de sopa Campbell.

Notas editar

  1. Frazier, páx. 708.
  2. "Andy Warhol. Campbell’s Soup Cans. 1962". The Museum of Modern Art (en inglés). Consultado o 2020-03-30. 
  3. Angell, páx. 38.
  4. Livingstone, páx. 32.
  5. Lippard, páx. 158.