Lanciano

comuna italiana

Lanciano é unha pequena cidade italiana de orixe medieval, da provincia de Chieti. Está situada nos Abruzos, preto da costa do mar Adriático. O concello (en italiano comune) ten unha superficie de 66,94 km² e, segundo o censo do 31 de marzo de 2016 a súa poboación é de 35 312 habitantes, o que dá unha densidade de poboación de 529,51 hab./km².[1]

Modelo:Xeografía políticaLanciano
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°13′52″N 14°23′26″L / 42.231211, 14.390469Coordenadas: 42°13′52″N 14°23′26″L / 42.231211, 14.390469
EstadoItalia
RexiónAbruzzo
ProvinciasProvincia de Chieti Editar o valor em Wikidata
CapitalLanciano Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación33.944 (2023) Editar o valor em Wikidata (507,08 hab./km²)
Xeografía
Superficie66,94 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude265 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónSanta María Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal66034 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0872 Editar o valor em Wikidata
Identificador ISTAT069046 Editar o valor em Wikidata
Código catastral italianoE435 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Nusco (pt) Traducir
Perho
Qala (pt) Traducir
Vaughan (pt) Traducir
Berazategui (pt) Traducir
Visegrado (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webcomune.lanciano.chieti.it Editar o valor em Wikidata

O centro da cidade está situado a 265 m sobre o nivel do mar, pero a altitude do concello varía desde os 33 m da "contrada" Serre, cerca do río Sangro, aos 410 m de San Nicolino, no límite con Castel Frentano.

O territorio de Lanciano sitúase onde as abas da Majella van caendo cara ao mar. No sur chega a limitar co río Sangro. A cidade está atravesada polo torrente Feltrino, que pasa un pouco ao norte do centro histórico. Este último encóntrase sobre tres outeiros (Erminio, Petroso e Selva), mentres que o desenvolvemento posterior tivo lugar sobre terreos máis planos ao sur deste.

Nesta cidade naceu en 1958 o músico Massimo Spadano, violín concertino da Orquestra Sinfónica de Galicia.[2]

Notas editar

  1. Lanciano en tuttitalia., Consultada o 20 de novembro de 2016.
  2. Lobato, X. (21-11-2009). "Un proletario del violín". El País. 

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.