Un lamelófono é unha familia de instrumentos musicais formada por aqueles que posúen lingüetas vibratorias suxeitas por un extremo. O seu nome deriva da forma na que se produce oson, o instrumento ten unha serie de laminiñas, ou "linguas", e cada unha se fixa nun dos extremos mentres o outro queda libre. A música prodúcese por vibración ao premer e logo soltar o extremo libre da lámina. Os lamelófonos constitúen a categoría 12 do sistema Hornbostel-Sachs de clasificación dos instrumentos musicais.

Kalimba

Lamelófonos africanos editar

 
Kouxian

Un gran número de lamelófonos son orixinarios de África, onde se coñecen por diferentes nomes comombira, sanza, kisanji, likembe, kalimba oukongoma. Coñécese a súa existencia desde o século XVI. O instrumento caribeño marímbula pertence tamén a esta familia.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar